spot_img
InicioO MorrazoO conselleiro de Cultura e Educación visita as obras rematadas do centro...

O conselleiro de Cultura e Educación visita as obras rematadas do centro de interpretación dos petróglifos de Mogor en Marin

Mogor1

 

Xesús Vázquez Abad salientou a finalización dos traballos no ano 2014, tal e como lle anunciara á alcaldesa de Marín, como un compromiso cumprido

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá o Centro de acollida de visitantes do xacemento arqueolóxico dos Petróglifos de Mogor, cuxo remate sinalou como un compromiso cumprido. “Non en balde, o pasado mes de novembro tiven a oportunidade de anunciarlle á alcaldesa de Marín, María Ramallo, que as obras estarían rematadas antes de final do 2014”, dixo.

O investimento total realizado pola Xunta de Galicia nesta sobranceira estación rupestre é de 352.615,27 euros. As actuacións incluíron, desde as primeiras sondaxes até o proxecto museográfico, todos os procesos necXunta-Jesús-Vázquez-conselleiro-Cultura-Educación-visita-obras-rematadas-centro-interpretación-petróglifos-Mogor-Marinesarios para a xestión, conservación e posta en valor dos Petróglifos, co fin de que o Centro de Interpretación se poda abrir ao público neste ano 2015 e difundir o legado que supón estes extraordinarios conxuntos de gravados rupestres.

Os traballos realizados no ano 2014 correspóndense coa execución do proxecto museográfico e o acondicionamento das pasarelas. Nestes pasados meses construíronse, ademais, dúas novas pasarelas de madeira construídas como complemento á edificación do Centro co obxectivo facilitar o acceso ao petróglifo do labirinto e ao petróglifo nº 3. Asemade realizáronse traballos de acondicionamento dos camiños de acceso, e pequenas tarefas de reparación na pasarela xa construída previamente e nas instalacións do centro, en concreto na súa fachada. A intervención completouse co remate da impermeabilización dun dos muros de formigón que conteñen as terras cara á parte alta da ladeira na que se atopa o xacemento.

Durante a súa visita a Marín o conselleiro estivo acompañado pola alcaldesa, María Ramallo; polo delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e polo xefe de sección do Servizo de Arqueoloxía da Consellería, José Manuel Rey; entre outras autoridades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.