spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira...

O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria”

O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria”O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria” que se disputará o 30 de decembro.

Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só de 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.

O comezo da carreira será ás 20.00 horas con saida desde a praza do Concello. Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída alomenos 10 minutos antes do comezo da proba.

Persíguese un fin solidario de xeito que todos os corredores/as deberán traer 1kilo de alimentos non perecedeiros, que se destinarán ó Banco de Alimentos. Haberá unha estancia debidamente sinalada para deixar os produtos.

No que atinxe os premios, haberá agasallos para o corredor/a máis lonxevo; para os que terminen nas seis posicións elixidas o azar (comunicaranse por esta canle as posicións antes da proba). E tamén serán galardoados o primeiro corredor e primeira corredora do Concello do Porriño.

O peche das inscricións rematará o 25 de decembro.

Para realizar a inscrición hai que entrar no seguinte enlace: carreirasgalegas.com/carreira/i-san-silvestre-solidaria

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.