spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tui fai un chamamento ao civismo ante diversos actos...

O Concello de Tui fai un chamamento ao civismo ante diversos actos vandálicos acaecidos nos últimos días

O Concello de Tui fai un chamamento ao civismo ante diversos actos vandálicos acaecidos nos últimos díasRexistráronse desperfectos nos parques infantís do Souto en Guillarei, e dos Xardíns de Troncoso, na Veiga do Louro. Estes actos danan a imaxe do municipio, os servizos para a cidadanía e supoñen un importante gasto de reparación

Revista COUSAS DE nº14

O Concello de Tui quere facer un chamamento á responsabilidade cidadá e ao civismo tras os actos vandálicos que se están a rexistrar en distintos puntos do municipio, e que provocaron danos no mobiliario urbano.

O último deles tivo lugar onte, 27 de setembro, no parque infantil do Souto en Guillarei. A Policía Local acudiu a este lugar ante a alerta dun presunto furto, con elementos illantes da goma protectora do chan arrincados e que non foron atopados. Asemade, a pasada fin de semana deuse aviso de máis desperfectos nunha das pérgolas na Veiga do Louro, onde foron arrincadas as plantas ornamentais. Así o recolle no seu informe a Policía Local, deixando constancia que estaban “totalmente arrincadas e con terra espallada pola calzada”.

Pero estes non foron os únicos rexistrados xa que no mes de agosto tamén se rexistraron danos no mobiliario urbano no parque infantil dos Xardíns Troncoso e na Veiga do Louro. A Policía Local personouse tamén nas localizacións e deu parte das incidencias.

No parque infantil dos Xardíns Troncoso os danos foron identificados cara ao mediodía do pasado 4 de agosto. Os axentes municipais atopáronse desperfectos no céspede artificial arrincado, o illante protector do solo arrincado e restos do teito dunha vivenda abandonada espallados polo espazo de xogos. O 25 de agosto os danos tiveron lugar na rúa Loureiro, onde se atoparon danos nunha das pérgolas da zona, con ladrillos soltos e rotos no chan amais de enredadeiras que serven de decorado rotas e arrincadas.

Ante estes actos vandálicos que se veñen sucedendo, o Concello de Tui insiste na mensaxe de respecto e coidado polos espazos públicos, que son para uso e desfrute da veciñanza e supoñen un gasto de reparación que prexudica a toda a cidadanía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.