O GFFF volve á cidade olívica do 28 ao 3o de setembro coa súa proposta de festival gamberro que honra ao friksimo cinematográfico en todos os seus formatos.
Galician Freaky Film Festival de Vigo presenta a súa sexta edición. O certame regresa cunha nova edición co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B ao público. O máis brillante esperpéntico da industria cinematográfica de Galicia, España e do mundo. O festival, no que se estrearán preto de 60 traballos, terá lugar do 29 de setembro ao 2 de outubro. Igual que na pasada edición, poderase seguir en liña a través da plataforma FestHome.
O festival celebrarase os días 23, 28, 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro e contará con dúas sedes: o Auditorio Municipal do Concello e a Praza Elíptica
Este ano, do mesmo xeito que o ano pasado, tamén se poderá gozar dun festival híbrido, podendo ver as películas tanto de maneira presencial como de forma en liña a través da plataforma FestHome, xa que tivo unha gran acollida e máis de 6.000 visualizacións. A sexta edición do Galician Freaky Film Festival estará chea de actividades e novidades para os amantes do frikismo. Así, entre elas destaca Peque Freak, unha xornada onde os protagonistas serán os máis nenos, que poderán gozar de filmes e eventos pensados para eles.
O festival celebrarase os días 23, 28, 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro e contará con dúas sedes: o Auditorio Municipal do Concello e a Praza Elíptica Ademais Curta ou Susto, é un concurso para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, no que se deberá enviar pequenas pezas audiovisuais nas que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores.
A película homenaxeada este ano será Braindead (proxectada en España como A túa nai comeuse ao meu can), filme dirixido por Peter Jackson e estreado en 1992 que mestura terror, zombies e comedia negra, ingredientes que “farán as delicias dos freaks máis acérrimos”. Diana Peñalver estará no Galician Freaky Film Festival e conversará cos presentes tras a proxección do filme. Dentro da homenaxe a Peter Jackson tamén se proxectará Bad Taste (Mal gusto), primeira longametraxe do oscarizado director no que se iniciou polo xénero Gore.
Como non caso de Braindead, The Thing (A cousa) tamén está de aniversario e o GFFF non perde a ocasión de festexar os 30 anos da súa estrea. The Thing é un thriller escuro, paranormal e terrorífico dirixido por John Carpenter en 1982 que gaña adeptos co paso dos anos pola súa excepcional combinación de ciencia ficción e terror psicolóxico e que conta con numerosos films, cómics e videoxogos baseados nela.