·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tui asina un convenio anual de colaboración coa Asociación...

O Concello de Tui asina un convenio anual de colaboración coa Asociación de Muiñeiros do Tripes

O Concello de Tui asina un convenio anual de colaboración coa Asociación de Muiñeiros do TripesNa propia senda dos Muíños do Tripes así o daba a coñecer esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao presidente deste colectivo, Miguel Méndez, o presidente de honra, Alberto Romer, e o vogal Cristián Lago.  

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresaba “o noso compromiso con esta asociación polo traballo que levan feito para recuperar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio coma son os muíños e aqueles espazos naturais onde están ubicadas estas xoias patrimoniais”. Un compromiso que se ven de plasmar agora na sinatura por primeira vez con esta asociación dun convenio de colaboración, polo que o concello destinará unha partida de 10 mil euros do orzamento municipal para “axudarlle neste traballo que é importante para todos”, indicab,a lembrando que están sendo “un reclamo para as persoas que nos visitan ao longo do ano”.

Por outra parte o rexedor tudense expuxo que están traballando na modificación do proxecto da senda que uniría os muíños do Tripes co río Miño que ten “importancia estratéxica porque conecta dous espazos naturais coma é a Rede Natura do Miño co Parque Natural do monte Aloia”. Nese senso expuña que tras a modificación do proxecto buscarán financiamento para viabilizala.

Mentres tanto Miguel Méndez, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes, coma Alberto Romer, presidente de honra, amosaron o seu agradecemento ao concello por esta colaboración. Miguel Méndez destacou que se trata “dun momento histórico” para unha asociación que naceu no ano 2007. Avanzou que grazas a esta achega, parte da mesma se destinará a recuperación do tellado do Muíño de Dorna de Abaixo cun investimento superior os 4 mil euros, que se sumará a realizada no Muíño de Dorna de Arriba o ano pasado con fondos propios.  Precisaba tamén a importancia de levar a cabo obras de mantemento nos muíños para evitar o seu deterioro. Na actualidade a senda dos muíños do Tripes consta de 26 muíños, dos que 4 están en funcionamento e 15 rehabilitados que precisan de labores de mantemento.

Alberto Romer “agradeceu ao concello a sensibilidade cos muíños do río Tripes”. Insistiu na importancia de manter os muíños, así coma os camiños e o entorno do Tripes.

Cristián Lago, membro da Asociación de Muiñeiros do río Tripes, explicou que as actividades previstas este mes de outubro, plantexadas dentro deste convenio co concello,  “baséanse en dar a coñecer o legado que nos deixaron os nosos devanceiros, e ese traballo que fixo xente coma Alberto Romer”, nas mesmas incidía que se aúna “a actividade deportiva, co patrimonio e o entorno natural”.

Coma novidade realizarán un percorrido de 9 quilómetros circular dende o Lavadoiro de Riomuíños até a senda do Tripes percorrendo varios tramos do camiño Real a Baiona e que segundo explicaba “hai tramos moi ben conservados que gardan parte da nosa historia”.  A outra ruta será pola senda propiamente dita cun percorrido de 4,5 quilómetros.  Terán lugar nas fins de semana e tamén nesta ponte festiva con inscrición previa ( Formulario de inscrición ) xa que o número de prazas está limitado a 25.

Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valor

Programa de Rutas do mes de outubro

Rutas “polo Camiño Real aos Muíños do Tripes”

Ás rutas sairán dende o Lavadoiro de Riomuíños ás 10h. Percorrido circular de 9 quilómetros. Duración estimada 4 horas. Cada día haberá unha temática diferente.

  • Sábado 9 ás 10 h . Aproximación ao Camiño Real e os Muíños.
  • Luns 11 ás 10 h. Recuperación de camiños históricos, a A Asociación Muíñeiros do río Tripes: pasado, presente e futuro.
  • Domingo 17 ás 10h. Arquitectura e oficios tradicionais.
  • Sábado 23 ás 10 h. A vida no S. XVIII: camiños e muíños
  • Domingo 31 ás 10 h. Lendas, contos e cantigas.

Visitas guiadas pola Senda dos Muíños do Tripes

Ás visitas sairán do  punto de inicio da Senda ás 11h. Percorrido circular de 4’5 quilómetros. Duración estimada 3 horas. Cada día haberá unha temática diferente

  • Domingo 10 ás 11h. Aproximación aos Muíños e a cultura muiñeira.
  • Martes 12 ás 11 h. A Asociación Muíñeiros do río Tripes: pasado, presente e futuro
  • Domingo 24 ás 11 h. Os muíños no S. XVIII
  • Sábado 30 ás 11 h. Lendas, contos e cantigas.

+ información https://muineirosdotripes.blogspot.com/

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade