·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona premio á mellor xestión deportiva de Galicia 2020...

O Concello de Baiona premio á mellor xestión deportiva de Galicia 2020 en municipios de menos de 15.000 habitantes

carreira-pedestre-popular-baiona-andar-e-correrxa-conta-800-inscritosA Sociedade Galega de Xestores Deportivos ( Agaxede) concedeu ao Concello de Baiona o premio ao mellor concello de Galicia en xestión deportiva na categoría de oncellos de menos de 15.000 habitantes que concede anualmente os Premios Galicia á Xestión Deportiva.

Baiona resultou vencedora neste categoría na undécima edición. Así o resolveu o xurado, composto por representantes de Agaxede, como promotora e organizadora, ademais de diferentes entidades, como a Secretaria Xeral para ou Deporte, a Fegamp, a prensa deportiva, a Ufedega, as Facultades de Ciencias do Deporte da Coruña e de Vigo e o Colef-Galicia.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, felicita a AGAXEDE polo continuo labor de promoción e impulso ao deporte que levan a cabo a nivel rexional e mostrouse “agradecido e satisfeito” ao coñecer a noticia, porque “máis aló do resultado final, constitúe un aliciente ao magnífico labor que realizan todos e cada un dos profesionais, amantes e afeccionados que directa e indirectamente están vinculados a esta área nun municipio que, como Baiona, é Deporte”.

A gala de entrega será no Auditorio do Centro Social de Arteixo o martes, 19 de outubro, ás 20 horas. Os premios outorgados corresponden ao ano 2020, que por razóns sanitarias non puideran concederse.

O galardón recoñece a Baiona como o pequeno concello galego que mellor desenvolve o potencial do seu deporte local e fomenta os hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas. Baiona destaca na xestión de plans ou proxectos de actividades, de espazos ou infraestruturas que contribúen a mellorar o desenvolvemento do deporte no ámbito territorial da súa competencia.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies