spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tomiño apúntase á compostaxe

O Concello de Tomiño apúntase á compostaxe

WhatsApp Image 2016-08-05 at 17.32.22 (Copiar)Cerca de 300 veciños e veciñas dos nucleos urbanos de Tomiño e Goián participarán no programa piloto

 O Concello de Tomiño ven de instalar nos puntos establecidos dos núcleos urbanos de Goián e Tomiño os Centros de Compostaxe Comunitaria. A iniciativa enmárcase no Programa “Revitaliza” da Deputación de Pontevedra, na que participan 23 concellos.

O programa piloto, no que participarán casi 300 veciños e veciñas dos núcleos de Goián e Tomiño, inclúe a instalación dos módulos de compostaxe, financiados pola Deputación, así como a formación para os participantes, impartida por unha persoa técnica especialista, e a supervisión técnica do proceso, co fin de correxir erros, minimizar molestias e garantir un correcto resultado.

Esta medida forma parte da estratexia integral municipal para a mellora do funcionamento da recollida do lixo, na que ademáis se contemplan intervencións para a optimización da separación de residuos para a súa reciclaxe posterior, a creación de centros de depósitos para os restos de podas e herbas, e a mellora da recollida a grandes produtores.

O Concello aposta pola recollida selectiva e a compostaxe como ferramentas para reducir os residuos do contenedor verde, reducindo así os custes para o concello e ademáis cumplindo coas normativas actuais en materia de residuos urbanos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.