spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Concello de Soutomaior entrega axudas a deportistas individuais

O Concello de Soutomaior entrega axudas a deportistas individuais

Concello-Soutomaior-entrega-axudas-deportistas-individuaisO Concello de Soutomaior asinou este sábado un convenio de colaboración con 10 deportistas individuais polos que recibirán unha axuda municipal e poidan practicar os seus deportes favoritos.

Entre os 10 deportistas atópanse, entre outros, Barbara Igrexas que compite na copa de Europa de bobsleigh, Franscisco Javier Piñeiro Aspera competidor en Copas de España e de Europa de vela paralímpica, Veronica Alvarez e Paula Lozano campioas de España de Kick Boxing ou Andrea Fatima Porteiro (piragüista) e participantes en distintos rallys como Alejandro Sio, Ruben Fernandez ou Hugo Conde.

Tambien están beneficiados das axudas municipais o motorista Pedro Lorenzo e a triatleta Iris Soto.

Todos eles lucirán na súa roupa de competición o anagrama do Concello de Soutomaior.

O Alcalde, Agustín Reguera, animounos a seguir adestrando con ilusión e agradeceulles o seu esforzo e gratitude por levar o nome do Concello de Soutomaior polos distintos lugares onde compiten. Así mesmo espera que en próximos anos póidanse incrementar estas axudas.

A próxima semana asinaranse os convenios de colaboración entre o Concello e os 19 clubs deportivos de Soutomaior.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.