spot_img
InicioVal MiñorGondomarDesfile de Comparsas Entroido 2015, Gondomar

Desfile de Comparsas Entroido 2015, Gondomar

Desfile-Comparsas-Entroido-2015-GondomarO domingo día 15 tivo lugar desfíleo de Comparsas do Entroido 2015 en Gondomar, as rúas do centro enchéronse de colorido e fantasía para deleitar a gran afluencia de público. Abriuse a xornada coa la lectura del pregón, que este ano correu a cargo de Silva Jato. E o grupo “Voltereta Volvoreta” foi o encargado de animar a espera do desfile que comenzou as 16.00 horas e no que participaron 15 comparsas vindas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Goian, A Garda, Vigo e Gondomar. A orde das comparsas para o percorrido foi o seguinte, “Chegaron os que faltaban”, “Luces de Tomiño”, “Asociación Comparsa Ciklón”, “O imperio do rei Escorpión”, “Fantasía de primavera”, “Lunáticos de Chaín”, “Piratadas por un tubo”, “7 artes para un entroido”, “O noso circo”, “Vinciocas-pirata”, “Parodia nacional”, “Be Africa”, “A fábrica dos soños”, “Os terribles de Tebra” e “Fantasía de Nigrán”, ata chegar o concello. Completando estas a comparsa de “La Asociación Cultural de Beirán” como invitada. No concello celebrouse unha gran verbena animada polo trío Azar, quen tamén foron os presentadores e animadores do desfile.

Actividades para os seguintes días.

A festa continúa o martes 17 de Febreiro coa verbena musical de Carnaval que, dende as 22.00 horas, estará amenizada polo grupo ‘Aramio’. A partir das 00.00 horas daranse a coñecer as comparsas e carrozas gañadoras, realizándose a entrega de premios, ás tres primeiras comparsas gañadoras faráselles entrega dunha cesta con produtos típicos do Carnaval valorada en 150 € cada unha.

O mércores, 18 de Febreiro, celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña. Ás 19.30 horas terá lugar o funeral de Dona Sardiña e ás 20.30 horas comezará a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que dará, por finalizado este Carnaval 2015.

Actividades para os máis pequenos

Os máis pequenos debido ao mal estado do tempo, este ano tiveron que celebrar o habitual evento de “Corre coa túa máscara” no seu centro de ensino. Os Colexios Rurais Agrupados (CRA), celebraron esta festa de Carnaval no Pavillón Municipal, onde dende o concello se colaborou coa entrega dos saborosos Doces de Copena, botellas de auga e unhas deliciosas galletas elaboradas polo Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III” .

Hoxe martes 17 de Febreiro, a partir do 16.30 horas, celebrarase o Desfile Infantil na Praza da Alameda onde os máis pequenos poderán divertirse con música e Baile onde poderán distraerse e gozar co grupo “Volvoretas de Refugallo”, todos os participantes recibirán un obsequio cedido dende a Concellaría de Cultura dirixida por Ignacio Troncoso, acompañado da saborosa e típica “orella de carnaval”.

“7 artes para un entroido”-Asociación-Carnavais-Mañufe-gañadora-desfile-Carnaval-Gondomar

 

 

- Publicidade -spot_img