Inicio Vigo e área Redondela O Concello de Redondela homenaxea aos remeiros de categoria infantil do Club...

O Concello de Redondela homenaxea aos remeiros de categoria infantil do Club de Remo Chapela como campions de España 2020

Club Remo Chapela. Campión de España Bateis Infantil Masculino 2020A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Nacho González, recibiron na tarde de hoxe aos remeiros de categoría infantil do Club de Remo Chapela que veñen de proclamarse brillantes campións de España de bateis nos campionatos celebrados en augas de Moaña.

Os infantís do Club de Remo Chapela proclamáranse xa Campións Galegos, título que lles daba acceso directo aos Campionatos de España nos que se proclamaron brillantes gañadores.

Nestes mesmos campionatos, o club de Chapela, asinaba un extraordinario papel nas outras categorías co 4º e 5º posto que acadaban os equipos femininos xuvenil e cadete, respectivamente; o 4º posto do sénior feminino e a 6ª praza do xuvenil masculino. A estes éxitos engadíase tamén o Campionato Galego acadado polas remeiras da categoría alevín feminino.

Tanto Digna Rivas como Nacho González, expresaron “o seu orgullo por ter, en Redondela, un equipo infantil de bateis Campión de España”. A alcaldesa de Redondela tamén amosou a súa satisfacción polo traballo que realiza o Club de Remo Chapela, “non só á hora de formar deportistas, senón tamén de inculcarlles valores como o esforzo, sacrificio e traballo en equipo”, valores, engadiu Digna Rivas, que “que son de aplicación na vosa vida cotiá e contribúen a facer de todos e todas vos, non só mellore deportistas, senón mellores persoas”.

Tanto a alcaldesa coma o concelleiro, lamentaron que “ese recoñecemento que agora vos facemos, non se poida realizar este ano nun acto solemne como é a Gala do Deporte”, suspendida polas actual crise sanitaria “pero –engadiu a rexedora local redondelá– teredes ese recoñecemento público, merecidamente gañado, na Gala que desenvolveremos, se a evolución da pandemia así o permite, no verán do vindeiro 2021”.

A recepción das e dos deportistas do Club de Remo Chapela, fíxose ao aire libre, na Praza do Concello, seguindo un estrito protocolo de seguridade sanitaria, polo que os remeiros e remeiras, foron divididos en grupos de 10 de cara a poder manter a distancia de seguridade recomendada.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies