Inicio Pontevedra O Concello de Redondela colaborará cos centros escolares ante o reinicio do...

O Concello de Redondela colaborará cos centros escolares ante o reinicio do curso en bacharelato

O Concello de Redondela colaborará cos centros escolares ante o reinicio do curso en bacharelatoO goberno municipal e os equipos directivos dos institutos amosan as súas reticencias a retomar as clase “sen medidas que garantan totalmente a seguridade e saúde de rapazas e rapaces.

A alcaldesa, Digna Rivas, mantivo esta semana unha reunión telemática coas equipas directivas dos centros escolares de Redondela, na que se puxo de manifesto “as reticencias que directivas e profesorado teñen ante un reinicio do curso sen antes garantir, ao cen por cen, a seguridade sanitaria tanto dos rapaces e rapazas coma dos e das docentes”, explicou a alcaldesa.

Segundo unha comunicación da Xunta de Galicia, o vindeiro día 25 de maio, deberían retomarse as clases presenciais para o alumnado de 2º de bacharelato, nunha medida cualificada polo goberno local redondelán como “ambigua” xa que deixa á elección do alumnado asistir ou non ás clases.

A medida supón, para a rexidora, “unha maneira de eludir responsabilidades facéndoa recaer sobre os rapaces e rapazas”. No decurso da reunión, o Concello púxose á disposición dos institutos para colaborar no que precisasen “na medida das nosas posibilidades e asumindo competencias que son da propia Xunta de Galicia”.

Así, o Concello colaboraría na limpeza dos centros escolares, “limpeza que non desinfección”, aclara a alcaldesa de Redondela, “porque para esa desinfección a fondo o Concello non ten medios necesarios e, ademais, é unha competencia exclusiva da Consellería de Educación”.

Tanto a alcaldesa como as e os directores dos centros escolares amosaron o seu escepticismo sobre o reinicio do curso escolar ao existir, sinalaron as dúas partes “incerteza na evolución da COVID-19 e, sobre todo, dúbidas á hora de garantir a saúde dos rapaces e rapazas” que, segundo Digna Rivas, “debe ser total e absoluta e a única prioridade por encima de calquera outra consideración”.

Rivas é rotunda ao sinalar que o curso “non debería reiniciarse en tanto non se teña absolutamente garantida a seguridade do alumnado”.

Digna Rivas chamou a atención sobre a “rapidez e efectividade” das medidas adoptadas pola Concellería de Ensino do Concello de Redondela que dirixe Olga García Ballesteros, nos centros que son da súa competencia, “aos que dende o primeiro momento dotóuselles de material desinfectante, luvas e máscaras de protección, para que o profesorado puidera seguir desenvolvendo o seu traballo”. Medidas, que mereceron a felicitación unánime da comunidade educativa.

Doutra banda a alcaldesa de Redondela adiantou que mantén continuo contacto co reitor da Universidade de Vigo de cara a que o alumnado que ten que facer as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) –a antiga Selectividade– as poidan realizar en Redondela.

Evitaríamos desa forma –explica Digna Rivas– que as nosas mozas e mozos e o alumnado de Soutomaior, teñan que desprazarse, co risco sanitario que neste momentos supón”, e poidan realizar as probas nunha instalación por determinar que, posiblemente, podería ser o pavillón de deportes, “no que se poderían garantir as condicións de espaciamento entre postos, desinfección e seguridade que serían desexables”, concluíu a rexedora local.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies