O concello envía un tractor da Concellería de Vías e Obras para facilitar a recollida e a Concellería de Medio Ambiente encargase da xestión e transporte das algas a un xestor autorizado que producirá abonos para a agricultura.
O concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas nos bancos marisqueiros. Concretamente na praia de Cesantes nunha xornada de traballo incansable das mariscadoras de Redondela retirando “abono”, así lle chaman estas mulleres do mar a esta manta de algas que se forma e pon en perigo os cultivos dos bancos marisqueiros. O concello enviou un tractor para facilitar a retirada das algas e levalas a contedores para o seu traslado a un xestor autorizado. Con esta primeira actuación por parte do concello ponse un marcha unha campaña de colaboración con este sector do mar que continuará en outras xornadas onde sexa posible a retida das algas, pois hai zonas onde os medios mecánicos non poden acceder.
Unha colaboración da que se deu conta en diversas xuntanzas da Alcaldesa Digna Rivas coa Cofradía de Redondela e o sector marisqueiro. Colaboración que se leva estudando dende o mes de outubro do pasado ano pola Concellería de Medio Ambiente que dirixe Roberto Villar. Este departamento que ten previsto reforzar a recollida de algas que realizan as mariscadoras, unha tarefa que se fai en días concretos e tamén en función das mareas ou das condicións climáticas. Este reforzo realizaráse con persoal do concello cando dean comezo as contratacións para da época estival, persoal que tamén se encargará de retirar e xestionar plásticos ou elementos contaminantes que aparezan nestas xornadas de colaboración.



