spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Oia renova paneis interpretativos en varias igrexas do municipio

O Concello de Oia renova paneis interpretativos en varias igrexas do municipio

o-concello-de-oia-renova-paneis-interpretativos-en-varias-igrexas-do-municipio
Igrexa de Viladesuso

O Concello de Oia vén de levar a cabo a renovación dos paneis interpretativos nos que figuran os principais valores históricos, artísticos e patrimoniais das igrexas parroquiais de Mougás, Loureza, Burgueira, Viladesuso e Pedornes.

Revista Cousas De Nº22

Esta iniciativa enmárcase nas distintas actuacións que o Concello vén desenvolvendo en canto a dotación e renovación de equipamentos para a revalorización do patrimonio do municipio. Así, nos últimos anos téñense colocado soportes con información na igrexa parroquial de Santa María de Oia e diversos puntos de interese do barrio do Arrabal, entre outros.

A última actuación en materia de sinalización do patrimonio local consistiu na colocación de novos paneis informativos en 5 igrexas, as parroquiais de Mougás, Loureza, Burgueira, Viladesuso e Pedornes. Así, cada panel inclúe novos textos, relativos á historia e características de cada templo, así como varias imaxes dos elementos máis destacados do interior, tanto no que respecta a arquitectura como a retablos e imaxinería relixiosa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A actuación supuxo un investimento total de 3.206,50 euros, financiados a través das subvencións para a rehabilitación e sinalización de patrimonio histórico-cultural para o ano 2023.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.