spot_img
InicioCondado ParadantaO Estourazo de Salceda homenaxea os 30 anos das Mulleres Rurais Caselas

O Estourazo de Salceda homenaxea os 30 anos das Mulleres Rurais Caselas

o-estourazo-de-salceda-homenaxea-os-30-anos-das-mulleres-rurais-caselasA Asociación de Mulleres Rurais Caselas foi o colectivo elixido este ano polo equipo de goberno de Salceda para disparar o “estourazo” de inicio das Festas do Cristo. A cita será o vindeiro sábado 20 de xullo ás 22:00 horas dende o balcón da Casa da Casa da Cultura Castelao, nun evento que chega xa á súa XV edición.

Revista Cousas De Nº22

A Asociación de Mulleres Rurais formouse fai 30 anos, e na actualidade aglutina xa a máis de 150 socias de Salceda. Durante eses anos son numerosas as iniciativas organizadas, como talleres e cursos, andainas, excursións, xantares, etc.  O pasado mes de xaneiro a asociación celebrou no Auditorio Municipal o seu 30 aniversario, e o equipo de goberno do Concello, coa alcaldesa Loli Castiñeira á cabeza, quere deste xeito completar esa celebración outorgándolles a estas mulleres a honra de ser as encargadas de disparar o “estourazo” que supón o punto de partida das festas do Cristo.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda: “Parabéns ás Mulleres Rurais de Salceda por estes 30 anos de traballo en beneficio da nosa vila. Agardamos que toda a veciñanza goce destes días de festa e convivencia e que esta sexa un ano máis unha fin de semana de música, diversión e alegría para toda Salceda”

O Estourazo naceu en Salceda no ano 2010 e por el levan pasado diferentes colectivos sociais, educativos, deportivos ou culturais entre outros. Nas horas previas, como xa ven sendo tradición, a Agrupación Gaiteira de Salceda voltará percorrer as rúas da vila na súa cita anual, aglutinando máis de 60 persoas baixo o lazo de unión da música tradicional.

Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura e Festexos: “Este evento, ao igual que moitos outros, non sería posible sen o traballo de Protección Civil, Policía Local e cantas persoas colaboran para que as nosas festas transcorran sen incidentes cada ano, polo que queremos trasladarlles o noso máis sincero agradecemento”

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda: “Parabéns ás Mulleres Rurais de Salceda por estes 30 anos de traballo en beneficio da nosa vila. Agardamos que toda a veciñanza goce destes días de festa e convivencia e que esta sexa un ano máis unha fin de semana de música, diversión e alegría para toda Salceda”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.