spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán ratificará no Pleno de este luns os galardoados...

O Concello de Nigrán ratificará no Pleno de este luns os galardoados cos “Premios Nigrán 2023”

O Concello de Nigrán ratificará no Pleno de este luns os galardoados cos "Premiois Nigrán 2023"
Rondalla de Parada

O ‘Social’ é para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Val Miñor, o ‘Educativo’ para a Escola Infantil ‘As Dunas’, o Empresarial a ‘A tenda de Lila’ e o ‘Cultural á  Rondalla de Santiago de Parada

Cousas de revista nº16

A corporación de Nigrán acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces da semana pasada os galardoados cos Premios Nigrán 2023 e quedarán ratificados oficialmente no pleno ordinario deste luns 27 de Febreiro.

A selección foi realizada grazas ás propostas realizadas previamente polos diferentes partidos, colectivos sociais, culturais e veciñais do municipio, a quen o goberno local agradece a súa colaboración.

Os galardóns regresarán  o sábado 11 de Marzo na súa undécima edición coa tradicional gala e xa sen medidas Covid tras tres anos condicionada

 

O xa consolidado acto institucional pretende ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria de cada un dos premiados. “Son entidades e persoas sen os cales non se entende o municipio porque co seu traballo, constancia e esforzo teñen contribuído a por en valor a Nigrán, facendo del un lugar máis amigable e do que sentirmonos orgullosos, por iso se merecen este recoñecemento”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

- Publicidade -spot_img