O Consello da Cultura Galega organiza unha xornada dedicada a Lois Tobío, personalidade polifacética e sobranceira da cultura e do exilio galego
O día 13 de marzo de 2023 fanse vinte anos da morte de Lois Tobío Fernández, membro do Seminario de Estudos Galegos, militante galeguista, escritor, xornalista, diplomático, tradutor e defensor da personalidade cultural de Galicia no mundo.
.
Con motivo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega quere homenaxear a súa figura e ao mesmo tempo celebrar que a súa filla Constanza Tobío faga entrega ao Consello do fondo documental do seu pai, que inclúe correspondencia, manuscritos e documentos referenciais para a reconstrución de momentos e iniciativas tan importantes na nosa historia como o exilio ou a fundación do Consello de Galiza en 1944.
Para lembrar o labor desta personalidade polifacética e sobranceira da cultura e do exilio galego, organízase unha xornada o día 13 de marzo, na que intervirá Constanza Tobío, que fará unha breve lembranza do seu pai, e na que, a seguir, varios expertos analizarán a transcendencia da súa figura.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración das cookies.
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración das cookies.
Cookies de terceiros
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.
Manter esta cookie activada axúdanos a mellorar o noso sitio web.
Activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias.