spot_img
InicioBaixo MiñoAntón Fonseca convértese no novo Presidente da Cámara de Comercio de Tui

Antón Fonseca convértese no novo Presidente da Cámara de Comercio de Tui

Antón Fonseca convértese no novo Presidente da Cámara de Comercio de Tui
@terrasgauda

A Cámara de Comercio de Tui elixe a Antón Fonseca Fernández, da empresa Bodegas Terras Gauda, como novo presidente da entidade

Cousas de revista nº16

Onte tivo lugar na sede da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Tui, o acto de constitución do novo Pleno. A sesión, que deu comezo ás 13 horas, estivo presidida polo Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, D. Manuel Heredia.

No acto, Antón Fonseca Fernández, da empresa Bodegas Terras Gauda, foi nomeado novo presidente. Así mesmo, durante a sesión, tamén tomaron posesión dos seus cargos, o resto de membros do Comité Executivo: Saúl Cuevas Faro, da empresa Darlim, e Emilio Estévez Martínez, da empresa Coplant, exercerán como vicepresidentes, primeiro e segundo respectivamente; Andrés Fernández Álvarez-Santullano, da empresa CZ Vaccines, exercerá como tesoureiro; e Roberto Pardo Diz, da empresa Plaintec, Jorge Trigo Somoza, da empresa CEAMSA, e Walter Álvarez Álvarez, da empresa Abanca Corporación Bancaria, exercerán como vogais.

Completan o Pleno, xunto cos membros do Comité Executivo sinalados anteriormente, Anxo Rodríguez Vidal, da empresa Industria Frigoríficas do Louro; Mónica Crisostomo Bicada, da empresa Ideas Peregrinas; Joaquín Cadilla Castro, da empresa ORPAGU; Rosana Canda Liño, da empresa Talaso Atlántico e María José Núñez Ramilo, da empresa Plymouth Rubber.

Antón Fonseca convértese no novo Presidente da Cámara de Comercio de Tui
Antón Fonseca @terrasgauda

O novo presidente, agradeceu ao anterior equipo, e en especial ao seu antecesor, Gumersindo Alonso (Granitos de Atios), o esforzo realizado na xestión da entidade, e da mesma forma, puxo especial énfase no afán continuista do novo Pleno, destacando a mocidade de gran parte dos seus membros. Ademais, Antón Fonseca, quixo destacar o papel da Cámara, como entidade aglutinadora das grandes e pequenas empresas da demarcación e subliñou como un dos principais retos a conseguir, o traslado das oficinas da institución, ao novo edificio de Aduanas, situado na Avenida de Portugal. Por último, na súa alocución, descartou a fusión con outras cámaras da comarca, poñendo de manifesto a sustentabilidade e carácter transfronteirizo da Cámara de Comercio de Tui.

Ao acto tamén asistiron algúns dos alcaldes e alcaldesas de municipios da área de influencia da Cámara: Ánxela Fernández (O Rosal), Alejandro Lorenzo (O Porriño), Verónica Tourón (Salceda de Caselas), Enrique Cabaleiro (Tui) e Sandra González (Tomiño).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.