spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Concello de Nigrán promove a compra e encargo de roscas nas...

O Concello de Nigrán promove a compra e encargo de roscas nas panadarías do municipio

O Concello de Nigrán promove a compra e encargo de roscas nas panadarías do municipioO Concello regalará o domingo roscas a todas as residencias de anciás do municipio, incluída de tempo libre de Patos, e ao Centro de Saúde A Xunqueira

O Concello de Nigrán continúa coa sua campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando nesta Semana Santa pola compra de Pascua nas panadarías do municipio, todas elas con longa tradición na elaboración de roscas e listas para recibir encargos e incluso facer os envíos a domicilio. O Concello de Nigrán elaborou una cartelería específica que distribuirá en redes sociais e nos propios negocios na que se indica o teléfono de pedidos e as diferentes opcións por parroquias. “O covid-19 non ten porqué limitar nin restrinxir esta tradición, non temos nin que saír da casa para encargar e seguir mercando a tradicional rosca, e con elo tamén axudamos aos nosos negocios”, indica o alcalde, Juan González.

Paralelamente, o Concello de Nigrán, agasallará o domingo con roscas aos internos e traballadores da residencia de Tempo Libre de Patos (actualmente con maiores de Barreiro e Aldán), ao persoal do Centro de Saúde da Xunqueira, e ás cinco residencias de anciás do municipio: Bellavista Care (Priegue), vivenda comunitaria A Fortaleza (Nigrán), Stella-Maris San Rosendo (Panxón), Bodía (Nigrán) e Residencia Monteferro. “Queremos ter un cariño especial co persoal sanitarios e con todas as persoas destes centros nestes momentos tan duros, agora máis que nunca precisan sentir a nosa proximidade e o noso cariño”, sinala o alcalde, Juan González.

O Concello lanzou a semana pasada unha campaña para incentivar as compras de proximidade como alternativa segura e, paralelamente, garantir entre todos a súa supervivencia futura do pequeno comercio. “Cada un de nos ten a posibilidade de axudar ao pequeno comercio, queremos as rúas cheas de vida cando todo isto pase e para iso temos que apostar por eles agora. Son unha opción segura, próxima ao noso domicilio, están abastecidos e non se forman aglomeracións e, sobre todo, son os nosos veciños e nos recibirán cun sorriso”, sinala o alcalde, Juan González, quen garante que todo o subministro de alimentos que está a realizar o Concello procede destas tendas.

“Porque xuntos venceremos esta crise. Porque somos veciños. Porque cando todo isto pase seguiremos mantendo con vida as rúas. Porque axudas as persoas emprendedoras a manter a boia os seus negocios. Porque a riqueza se queda no pobo. Porque aínda que agora o tape a mascarilla sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas… :)”. Estes son algúns dos motivos que o Concello ofrece nesta campaña para mercar no comercio de proximidade.

- Publicidade -spot_img