Inicio Val Miñor Nigrán O Concello de Nigrán participa por vez primeira na 'Red de gobiernos...

O Concello de Nigrán participa por vez primeira na ‘Red de gobiernos locales+Biodiversidad’

o-concello-de-nigran-participa-por-vez-primeira-na-red-de-gobiernos-localesbiodiversidadO Concello de Nigrán participa por vez primeira na ‘Red de gobiernos locales+Biodiversidad’ a través do seu edil de Medio Ambiente, Diego García, que asistiu onte na sede da FEMP (Madrid) a súa  ‘VII Asamblea’,onde os representantes políticos das entidades locais adheridas  decidirán os proxectos e actuacións que a Red abordará durante 2018.

Posteriormente, o concelleiro asistirá á xornada ‘Especies Exóticas Invasoras: riesgo para la biodiversidad’, onde diferentes expertos de todo o país avaliarán a ameaza que supoñen no seu conxunto e as diferentes estratexias para combatelas. Concretamente, de flora analizaranse polo miúdo os casos da herba da Pampa, o ailanto e pirixel xigante e, de fauna, as cotorras e a avespa asiática. “O Concello de Nigrán, coma todos, non é alleo a este problema, de feito loitamos fortemente coa presenza da vespa velutina repartindo trampas entre a veciñanza e retirando niños e mesmo organizamos numerosas xornadas de retirada de flora invasora do sistema dunar de Panxón-Praia América”, explica Diego García.

A  Red de Gobiernos Locales +Biodiversidade ten por obxecto a creación dun marco estable que impulse e promova, no conxunto dos Gobernos Locais españois, a adopción de políticas, plans e programas en materia da conservación e o fomento da biodiversidade, a protección do medio  hídrico, a restauración de espazos naturais degradados, a mellora da conectividade ecolóxica e a  salvagarda dos ecosistemas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies