spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán homenaxerá en Fitur ao escritor Domingo Villar presentando...

O Concello de Nigrán homenaxerá en Fitur ao escritor Domingo Villar presentando o roteiro literaria “A praia dos afogados”

O Concello de Nigrán homenaxerá en Fitur ao escritor Domingo Villar presentando o roteiro literaria “A praia dos afogados”Estrea un folleto turístico específico que reproduce os pasos por Panxón do carismático personaxe literario Leo Caldas, dividindo a andaina en 5 paradas: Praia da Madorra, Porto de Panxón, Templo Votivo, Punta Lameda e Monumento á Mariña Universal

Cousas de revista nº16

O Concello de Nigrán homenaxeará na Feria Internacional de Turismo (FITUR) ao aclamado escritor Domingo Villar (Vigo, 06.03.1971-18.05.22) presentando o roteiro literario ‘A Praia dos Afogados’, cuxa trama principal discorre pola parroquia de Panxón. Deste xeito, o Concello estrea en FITUR un folleto turístico específico en galego e castelán que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta internacionalmente famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas e levada ao cine no 2015. As persoas interesadas poderán atopalo físicamente na Oficina de Turismo de Panxón ou descargalo directamente na web www.nigran.es.

“Domingo Villar foi, sen pretendelo, o mellor embaixador posible do noso municipio, por iso queremos manter viva a súa memoria a través deste roteiro que sabemos que interesa a miles de persoas e que recompila algúns dos lugares máis espectaculares de Nigrán e que el tan ben describe”, explica o alcalde, Juan González, quen incide nos “centos de lectores entusiastas’ que este verán participaron nos roteiros guiados que o Concello realizou como homenaxe ao escritor falecido en Vigo en Maio de 2022 e que gozaba de moitas vacacións estivais en Nigrán. “Colleitaron un éxito de público incrible, con esa experiencia e atendendo ás opinións dos participantes, realizamos este folleto”, explica González.

Nigrán adica outubro á celebración do 'Mes da memoria histórica'

A andaina deseñada ten una lonxitude de 4,5 km divididos en 5 paradas e unha duración estimada de 2,5 horas cun grado de dificultade media. Seguindo o propio discorrer da novela, arranca na Praia da Madorra, onde aparece o cadáver maniatado dun mariñeiro que abre a investigación. A continuación continúa no Porto de Panxón, onde se atopa a lonxa ou a taberna ‘El Refugio del Pescador’, ademais das nasas ou embarcacións tradicional moi mencionadas no libro. A terceira parada é o Templo Votivo do Mar do arquitecto Antonio Palacios, lugar onde o inspector Leo Caldas se entrevista co párroco e cuxo interior contén mosaicos de esceas de naufraxios. Seguidamente, o camiñante debe dirixirse cara a península de Monteferro para visitar Punta Lameda, zona onde aparece afundida a barco de ‘O Rubio’ e, finalmente, conclúe no Monumento á Mariña Universal, contorna cuxas vistas sorprenden a Rafael Estévez, axudante de Caldas.

Estas cinco ‘paradas’ figuran xeolocalizadas, con cadansúa frase da novela vinculada a esa zona en concreto e, a maiores, cunha breve información turística ao respecto. Deseñado como un folleto manexable, con forma de libro que se pode gardar no bolsillo, e con gran protagonismo das imaxes, inclúe un pequeno mapa e outros puntos de interese para aquelas persoas que desexen ampliar o roteiro, como poderían ser o cemiterio de Panxón, o Arco Visigótico, Monte Lourido, o Miradoiro de Monteferro… Todos eles puntos de interese mencionados dalgún xeito na novela.

A praia dos Afogados’

Publicada no ano 2009, trátase da segunda entrega da famosa triloxía de novela negra de Domingo Villar. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a praia da Madorra. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería simplemente outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro do pobo, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando se decidan a falar, apuntarán nunha dirección demasiado insólita. Un asunto inoportuno para Caldas, que atravesa días difíciles: Alba volveu a dar sinais de vida, o único irmán do seu pai está gravemente enfermo e a súa colaboración no programa de radio está a volverse insoportable.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.