spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona abre o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado da...

Baiona abre o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado da Arribada 2023

baiona-abre-o-prazo-para-solicitar-un-posto-no-mercado-medieval-da-arribada-2016A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xa traballa nos preparativos da Festa de Arribada 2023 que se celebrará o primeiro fin de semana de marzo -3, 4 y 5-

Cousas de revista nº16

O prazo para presentar as solicitudes de postos de venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada está aberto desde hoxe, luns 16 de xaneiro,  ata o 9 de febreiro, ambos os días incluídos. A organización do evento pon ao dispor dos artesáns 70 postos do Concello, que serán sorteados entre todas as solicitudes. Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda no Real Mercado Medieval da Arribada deberán cubrir a solicitude oficial e Declaración Responsable e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica:  http://baiona.sedelectronica.gal.

Toda a información necesaria para realizar a solicitude atópase dispoñible na web oficial do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/avisos-importantes/documentacion-solicitude-para-participar-no-real-mercado-medieval-da-arribada-2023/

Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común. No obstante, no caso de presentarse fora do Concello, o/a solicitante deberá dirixir por correo electrónico a dirección: mercadoarribada@baiona.gal unha copia da instancia debidamente presentada con anterioridade ao remate do prazo a efectos de que poida ser incluída na relación de solicitantes. En caso contrario inadmitirase dita solicitude.

 

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Baiona habilítase o teléfono 699199400 para información e resolución de dúbidas.

- Publicidade -spot_img