spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona fai entrega da Medalla de Ouro ao CEP...

O Concello de Baiona fai entrega da Medalla de Ouro ao CEP de Sabarís no seu 50 aniversario

o-concello-de-baiona-fai-entrega-da-medalla-de-ouro-ao-cep-de-sabaris-no-seu-50-aniversarioO CEP de Sabarís recibiu a Medalla de Ouro do Excmo. Concello de Baiona nun acto que se desenvolveu esta mañá no Multiusos Mercado de Sabarís. Foi a actual directora do centro, María Luisa Alborés Crespo, quen recibiu de mans do alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuiña o galardón.

Revista Cousas De Nº19

A cerimonia de entrega da máxima honra do Concello de Baiona realizouse nun evento coidado e cargado de emotividade, no que a sala polivalente do Multiusos de Sabarís encheuse de colexiais, profesorado e antigos membros de ambos os colectivos. Tamén estiveron presentes diversas autoridades como os concelleiros da corporación municipal pais e nais, representantes do AMPA, así como doutras asociacións da parroquia.

o-concello-de-baiona-fai-entrega-da-medalla-de-ouro-ao-cep-de-sabaris-no-seu-50-aniversario

O galardón concedeuse nun pleno anterior do Concello de conformidade co Regulamento Especial de Protocolo e Cerimonial do Excmo. Concello de Baiona, polo que se regulan as Distincións Honoríficas no seu art. 20.1. que di textualmente: Esta distinción outórgaselles a aquelas persoas, entidades ou institucións que prestasen relevantes servizos e méritos extraordinarios en favor do Excom. Concello de Baiona. Esta distinción foi aceptada por unanimidade.

O alcalde quixo agradecer a toda a comunidade educativa vinculado ao longo destes 50 anos de historia do CEP de Sabarís. “A historia de Sabarís é imposible entendela sen este centro educativo municipal e sen toda a comunidade educativa pasando por todos os equipos docente, as AMPAS e todo o alumnado vinculados ao centro ao longo destes 50 anos. Todos imos unidos da man entre todos construímos Baiona”. A concesión desta medalla “é un dos maiores recoñecementos que se pode dar” polo que felicitou e deu o parabén ao Colexio.

A Concelleira de Educación do Concello de Baiona, Nuria Leyenda Gómez, foi a encargada de ler os méritos polos que se lle fixo entrega desta distinción ao colexio. Pola súa banda o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, foi o encargado de ler o acordo plenario.

o-concello-de-baiona-fai-entrega-da-medalla-de-ouro-ao-cep-de-sabaris-no-seu-50-aniversario

O acto finalizou coa interpretación dunha panxoliña do Nadal por parte do alumnado e a propia directora, tamén profesase de música do CEP, encargada de poñer a nota musical co piano.

O CEP de Sabarís é un claro exemplo de como un centro educativo pode chegar a converterse en toda unha institución dentro dun municipio. E é que polas súas aulas pasaron a inmensa maioría dos seus veciños e veciñas, desde a súa inauguración no curso 1972/73, algúns xa pola súa terceira xeración. Este ano está de aniversario, cumpre nada menos que 50 anos axudando a formar persoas. Desde o Concello de Baiona quíxose agradecer o seu gran labor á sociedade baionesa con esta cerimonia celebrada esta mañá. Un acto que desbordou emotividade polos catro custados para homenaxear a súa traxectoria, pero tamén a todos aqueles que loitaron por manter vivo o seu espírito educativo, desde a transición á actualidade pasando por unha pandemia, varias reformas e con mencións para profesores, pais e ex-alumnos.

O acto de concesión da medalla de Ouro en recoñecemento á súa actividade realizado esta mañá súmase a outros actos programados realizados para festexar este 50 aniversario como a realización dun bonito e representativo mural na entrada do mural do CEP Sabarís.

A obra, que se pintou durante a primeira quincena deste mes de maio, representa o camiño ao colexio, un paseo por Sabarís a través dalgúns dos seus lugares máis recoñecibles ata chegar á escola. O nome do centro e os divertidos personaxes que fan esta viaxe completan a escena. O mural, feito desde un punto de vista infantil, chea de cor e luminosidade a fachada do colexio, e ilumina a contorna do centro.

O mural non sería posible sen a colaboración do Concello de Baiona, que a través da súa concellería de educación sufragou os custos do mural como agasallo de aniversario para o colexio. Ademais desta obra, celebrouse unha exposición dos recordos destes 50 anos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.