spot_img
InicioAlto MinhoSalvaterra e Monçao presentan a San Silvestre Solidaria 2023

Salvaterra e Monçao presentan a San Silvestre Solidaria 2023

salvaterra-e-moncao-presentan-a-san-silvestre-solidaria-2023A proba infantil celébrase ás 20:00 horas e a proba sénior ás 20:30 horas con saída dende a Praza do Concello de Salvaterra.

Revista Cousas De Nº19

O vindeiro 23 de decembro volta a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monção- Salvaterra de Miño onde os habitantes da Eurocidade, así como as persoas que desexen participar, terán o seu percorrido internacional ó longo de algo máis de 5km.

A proba senior terá lugar ás 20:30 horas con saída dende a Praza do Concello de Salvaterra e chegada á Praza Deu-La-Deu. Previamente ás 20:00 horas celebrarase a proba infantil para participantes ata os 12 anos e que consisitirá nun percorrido de dúas voltas á mesma Praza do Concello.

Para participar en ambas probas tanto infantil como senior é requisito aportar un alimento non perecedoiro para o Banco de Alimentos. As inscricións rematan o 22 de decembro na web sites.google.com/view/sansilvestre2023 aínda que tamén se poderán anotar no propio día na proba. Para facilitar a recollida de dorsais habilitarase un espazo na Biblioteca Municipal de Salvaterra denuedo o luns 18 ó venres 22 onde poderán acudir en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén poderán recollelo no mesmo día da proba.

Para facilitar o transporte dos participantes na San Silvestre haberá un autobús que os levará de regreso dende Monção ata Salvaterra. Praza

- Publicidade -spot_img