spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona e Ecovidrio animan a participar no trofeo de...

O Concello de Baiona e Ecovidrio animan a participar no trofeo de vidro reciclado para La Vuelta Ciclista España

O Concello de Baiona e Ecovidrio animan a participar no trofeo de vidro reciclado para La Vuelta Ciclista España

Ecovidrio e o Concello de Baiona colaboran para concienciar sobre a reciclaxe de vidro na próxima edición de La Vuelta Ciclista España 2016.

E é que os envases de vidro que se reciclen durante as próximas semanas polos veciños nos 5 colectores vinilados para a ocasión, serán os que conformen o trofeo sustentable do gañador da etapa Ourense – Baiona o próximo 21 de agosto.

Esta iniciativa de sensibilización, enmarcada dentro da campaña ‘Recicla vidro e pedalea’, ten como obxectivo mobilizar aos veciños de Baiona e facerlles partícipes dunha das grandes citas deportivas do verán.

O trofeo, froito da acción participativa dos cidadáns, simboliza o esforzo tanto dos ciclistas en cada etapa como dos cidadáns por coidar o medioambiente.

La Vuelta a España 2016 disputarase do sábado 20 de agosto ao domingo 11 de setembro e contará con 21 etapas nas que apaixonados e afeccionados do ciclismo poderán coñecer os beneficios ambientais de reciclar vidro e a importancia de adquirir este hábito.

Datos de reciclaxe de vidro en Baiona

Segundo os últimos datos relativos a 2015, os cidadáns de Baiona reciclaron un total de 348.218 quilogramos de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 28,85 kg.

Respecto da taxa de contenerización, Baiona sitúase cunha media de 241 habitantes por colector, contando na actualidade cun total de 50 iglúes para os residuos de envases de vidro instalados. Os 5 colectores serigrafiados coa temática da volta están colocados no peirao da localidade.

Germán Fernández, xerente de ecovidrio declarou que: “Baiona dobra a media galega en reciclaxe de vidro”.

Ángel Rodal: “Os baioneses reciclaron un millón de botellas de vidro ao ano. Esta cifra é moi importante e testemuña o compromiso dos baioneses coa reciclaxe”.

Sobre Ecovidrio

Ecovidrio é a entidade sen ánimo de lucro, encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, desde 1998. A compañía encárgase de xestionar integramente a cadea de reciclaxe, mediante a recollida selectiva, o transporte, o tratamento de envases de vidro e a súa posterior comercialización.

Ecovidrio proporciona un servizo público, universal e gratuíto para o cidadán e pon a disposición das compañías que envasan os seus produtos en vidro un modelo de xestión eficaz e eficiente, tanto desde a perspectiva ambiental como económica.

Na actualidade, un total de 2.558 compañías están adheridas a Ecovidrio. Os sectores integrados na asociación representan máis do 3% do PIB español e comercializan o 99% dos envases de vidro.

A entidade presenta esta iniciativa de sensibilización dentro da campaña ‘Recicla vidro e pedalea’

Co vidro reciclado polos veciños de Baiona nas próximas semanas, Ecovidrio deseñará o trofeo sustentable do gañador da etapa Ourense – Baiona

O trofeo simboliza o esforzo tanto dos ciclistas en cada etapa como dos cidadáns por coidar o medioambiente

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.