spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Concello de Arbo convoca a sexta edición do concurso de carteis...

O Concello de Arbo convoca a sexta edición do concurso de carteis ” Brais Alonso”

O Concello de Arbo convoca a sexta edición do concurso de carteis " Brais Alonso"

O Concello de Arbo convoca un novo concurso de carteis con motivo da celebración da XIV Festa dá Lamprea Seca, que se celebrará os días 10 e 11 de agosto. Este exitoso concurso denominado “Brais Alonso” vai xa pola súa sexta edición e ten como obxectivo deseñar o cartel anunciador da festa gastronómica.

As propostas serán entregadas no soporte orixinal e electrónico á máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante. Ademais presenta interesantes premios para os deseños máis orixinais, representativos e  creativos. Outorgaranse dous premios: o primeiro de 250 euros e o segundo de 150 euros. O prazo para presentar as propostas finalizará o próximo 15 de marzo.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “tanto o concurso de carteis Brais Alonso como o que convocamos para a Festa da  Lamprea están a experimentar un gran éxito, recibindo propostas desde diferentes partes de España”. Asegurou tamén que “estas dúas importantes festas, xunto coa  lamprea, son a principal marca identificadora que nos sitúa en Galicia, en España, en Europa e no mundo”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.