Inicio Galicia Ourense acollerá o 18º Campionato de España e o 1º Open de...

Ourense acollerá o 18º Campionato de España e o 1º Open de España de Remo Indoor

A competición que terá lugar os días 19 e 20 de xaneiro no pavillón de deportes do Campus Universitario

Os días 19 e 20 de xaneiro as instalacións deportivas do campus de Ourense, concretamente o seu pavillón de deportes, acollerán o 18º Campionato de España e o 1º Open de España de Remo Indoor. A cita está organizada pola Federación Española de Remo e a Federación Galega de Remo contando coa colaboración, ademais do campus de Ourense, do Inorde, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, entre outros.

O 18º Campionato de España de Remoergometro celebrarase o día 19, de 09.30 a 14.00 h. Arredor de 169 participantes de equipos procedentes de Galicia, País Vasco, Asturias, Comunitat Valenciana, Cataluña, Cantabria, Aragón e Andalucía competirán en 14 modalidades, que abranguen desde cadete masculino ata absoluto feminino. Polo que respecta á nova competición posta en marcha a nivel estatal, o I Open de España de Remo Indoor, desenvolverase o sábado e domingo nas mesmas instalacións. Nela, as e os participantes, que poden non estar federados, poderán competir en diferentes modalidades como son sprint, relevos por categorías e maratón por relevos mixtos. Este Open, indican desde a organización, ofrece a oportunidade a deportistas non federados de competir sobre as distancias oficiais do Campionato de España de Remoergómetro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies