spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello de A Guarda convida a colaborar na campaña solidaria #súmatedoasangue

O Concello de A Guarda convida a colaborar na campaña solidaria #súmatedoasangue

O Concello de A Guarda convida a colaborar na campaña solidaria #súmatedoasangueO Concello de A Guarda e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello da Guarda distribuirá unha carta informativa na que se explican as vantaxes de doar sangue e os obxectivos desta nova campaña.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue.

Vindeira visita das unidades de doazón de sangue á Guarda:

A GUARDA

VENRES 17 de AGOSTO

10.00 a 14.00 e  16.30 a 21.00

SÁBADO 18 de AGOSTO

10.00 a 15.00

UNIDADE MÓBIL NA PRAZA AVELINO VICENTE ( NA PARADA DO BUS, FRONTE A FROIZ)

A Guarda, é unha das vilas galegas cunha maior taxa de doazóns de sangue, acadou en 2017 unha taxa de 82 doazóns por cada 1.000 habitantes, o obxetivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).

Dende o Concello queren facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde “Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.