Os dous concellos acordan que os máximos mandatarios se reúnan para acordar iniciar os trámites cara irmanamento.
Este venres tivo lugar unha reunión con representantes da Asociación Piueiro, que presentou una solicitude no concello propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmanamento con Povoa de Varzim.
O goberno municipal trasladou a Piueiro a súa disposición para que este Irmanamento se realice e tamén informóuselles que o equipo de goberno xa se puxera en contacto coa Cámara de Povoa de Varzim para que os máximos representantes, o Presidente da Cámara e o alcalde de A Guarda se reúnan para manifestar de maneira explícita a vontade do Irmanamento.



