spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte...

O Concello da Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte ao covid-19

O Concello da Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte ao covid-19O pasado 14 de marzo o Goberno Central declarou o Estado de Alarma, e ante a situación de emerxencia sanitaria xerada o concello da Guarda adoptou un primeiro paquete de medidas de carácter económico o 24 de marzo, indicando tamén, que non ían ser as únicas medidas a adoptar e que en función de como fose evolucionando a situación o concello iría tomando novas medidas coa finalidade de que no período de alarma os veciños e veciñas da localidade non tivese que facer pagamentos ao concello.

Despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta un segundo paquete de medidas:

1.-Ampliar o período de ingreso para a taxa de auga correspondente ao 4 trimestre de 2019 ata o 20/06/2020. A domiciliación deste recibo atrásase ata o 20/05/2020

2.-Ampliar o período de pagamento para a taxa de lixo do 2020 ata o 30/06/2020. A domiciliación deste recibo atrasase ata o 05/06/2020

3.-Seguir avanzando no pagamento de facturas ás empresas e autónomos coa finalidade de trasladarlles liquidez ás mesmas, así fíxose un primeiro pago o 23 de marzo, outro o día 31 de marzo e finalmente para rematar todo o que estaba pendente se fixo un pago durante a semana pasada.

O obxectivo destas medidas é, por unha parte, non gravar as familias con pagos durante o período da alarma, sabedores de que moitas delas poden estar pasando por problemas económicos debido as consecuencias desta crise e, por outra banda, evitar que as persoas teñan que achegarse aos bancos, dada as dificultades de atención que neles se presentan e o risco de entrar en contacto con outras persoas mentres dure o confinamento.

Dende o Concello queren transmir que seguirán analizando a situación e terá en consideración outras medidas que poderán ser adoptadas en función de como evolucione a crise xerada polo COVID-19. tendo como único horizonte a protección dos nos@s veciños e veciñas.

- Publicidade -spot_img