Inicio Pontevedra Baixo Miño O Club Remo do Miño de Tui consegue cinco medallas na 38º...

O Club Remo do Miño de Tui consegue cinco medallas na 38º Regata Internacional de Gondomar (Portugal)

-club-remo-do-mino-de-tui-consegue-cinco-medallas-na-38o-regata-internacional-de-gondomar-portugalUn domingo de competición para o Club Remo do Miño na localidade de Gondomar (O Porto) na súa 38ª Regata Internacional, onde xa pola mañá, nas eliminatorias, os remeiros do Miño-Tui enfilaron o camiño cara ás medallas.

A primeira Medalla de Ouro viría da man do Catro Con absoluto Masculino, formado por Damián Alonso Alonso, Óscar Alonso Alonso, Isaac Prada Fernández, Miguel Méndez Alonso, e como temoneiro Raquel Comesaña Branco. Unha regata totalmente dominada por estes remeiros que non deron ningún tipo opción aos seus rivais, xa que desde o mesmo asubío de saída fixérono na cabeza ampliando palada a palada a vantaxe cos seus rivais ata a liña de meta, alcanzando unha amplía e cómoda vitoria.

A seguinte medalla de Ouro, conseguiríana Jesús González Álvarez e Sergio Pérez Moreno na modalidade de Dobre Scull Absoluto Masculino. Unha regata tamén dominada polos nosos remeiros que tampouco deron opción aos seus rivais. Jesús e Sergio, expertos remeiros con moitos miles de quilómetros xuntos en diferentes embarcacións, dominaron a proba de principio a fin, obtendo a vitoria.

A outra medalla de Ouro, veu da Novísima Carlota González Gil na modalidade de Skiff Absoluto Feminino. Carlota xa se clasificou co mellor tempo das eliminatorias pola mañá, pero xa na final, nunha extraordinaria regata, conseguiría a vitoria na mesma liña de meta, disputando o Ouro á remeira do Club Sport do Porto, que non se cría que unha novísima remeira como o é Carlota (xuvenil de 1º ano), obtiña a vitoria nunha extraordinaria e magnifica regata.

A medalla de Prata conseguírona na Modalidade de Catro Scull Absoluto Masculino, Jesús González Álvarez, Francisco Javier Álvarez Paz, Óscar Alonso Alonso e Sergio Pérez Moreno, que despois de Conseguir o Ouro en 4+ Óscar, e o Ouro en 2x Jesús e Sergio, disputaron o ouro ao club campión de Portugal nesta modalidade, o club Académica de Coimbra.

A medalla de Bronce veu da man de Esmeralda Santos Maceiras na modalidade de Skiff Absoluto Feminino. Esmeralda que regresa á competición despois de estar máis dun ano sen remar pola súa condición de ser nai, volveu polos seus foros e alcanzo un grandísimo terceiro posto nesta modalidade que gañara a novísima remeira do seu club Carlota González.

En catro Scull Absoluto Feminino, as nosas remeiras entrarían en cuarto lugar preto das medallas, onde as xuvenís Carlota González Gil, María Esperanza Maidana, Adriana Días Costas e a sénior Esmeralda Santos Maceiras. En dobre Scull Absoluto Feminino, participaron nosas xuvenís de primeiro ano, María Esperanza Maidana e Adriana Días Costas obtendo un terceiro posto na final “ B” Os Xuvenís Adrian Rivas Alonso e Jonathan Michael Preiss, na modalidade de Dobre Scull Absoluto Masculino, non conseguirían pasar ás finais, así como o xuvenil que participo na modalidade de Skiff Absoluto Masculino David Vázquez Carballido, que o seu único obxectivo nesta regata, era adquirir experiencia na competición.

É importante lembrar que estes remeiros aprenderon a remar o pasado verán nos cursos que impartía o club e realmente fixérono moi ben.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies