spot_img
InicioBaixo MiñoA Deputación de Pontevedra despraza ao Concello de Tui novo persoal e...

A Deputación de Pontevedra despraza ao Concello de Tui novo persoal e medios técnicos que se incorporarán ao Gabinete de Crise

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na visita que fixo á zona cero de Paramos en Tui o pasado día 24, para coñecer os traballos que desde o centro de mando se estaban a desenvolver ante a explosión acontecida o día anterior pola tarde.

A Deputación de Pontevedra despraza ao Concello de Tui novo persoal e medios técnicos que se incorporarán ao Gabinete de Crise

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, decidiu hoxe o traslado ao Concello de Tui de novo persoal e medios técnicos destinados ao Gabinete de Crise que está a coordinar os traballos de atención ás familias afectadas pola explosión da pirotecnia “La Gallega”.

Dous aparelladoras do Servizo de Arquitectura, un técnico de Xestión do Servizo de Patrimonio e un experto en seguros chegarán este martes á vila tudense.

Este martes, a primeira hora, dúas aparelladoras do Servizo de Arquitectura da Deputación, un técnico de xestión económica do Servizo de Patrimonio e un experto en seguros se incorporarán aos equipos que traballan na zona cero en canto á diagnose da situación das vivendas; e no Centro de Formación de Tui de asesoramento económico e sobre os seguros ás persoas que padeceron as consecuencias da catástrofe. Precisamente, este tipo de persoal profesional foi unha das necesidades máis demandadas na constitución do Gabinete do pasado sábado.

O traslado do persoal únese así á mobilización desde o primeiro momento dos parques de toda a provincia do Consorcio Contra Incendios, adscrito á Deputación; ao desprazamento de seis traballadoras dos Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra que comezaron a traballar o pasado venres en colaboración co Concello; aos equipos de informática e tecnoloxía para dotar de cobertura á zona; aos vehículos e maquinaria; e á activacións das axudas de emerxencia dependentes do Departamento de Cohesión Social da institución provincial.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.