Inicio Val Miñor Gondomar O Club Patinaxe Artística Gondomar termina a súa alfombra floral baixo a...

O Club Patinaxe Artística Gondomar termina a súa alfombra floral baixo a choiva

O Club Patinaxe Artística Gondomar termina a súa alfombra floral baixo a choivaAntes das dúas da madrugada deste domingo 23 de xuño e cunha xornada de traballo pasada ppr auga constante se dió por finalizada a alfombra floral do CLUB DE PATINAXE ARTÍSTICA GONDOMAR.

Tras 14 días de esforzo do CPA GONDOMAR con múltiple recollida de plantas como mimosa, funcho, mirto, labras varias, rosas de cores e alto contido en diversidade de hortensias e demais flores para esfollar, remojar e elaborar así a alfombra floral deseñada por José Alonso González, coñecido como Pepe, un especialista en alfombras florais desde hai décadas que este ano tivo que ingeniar novos métodos debido a que a alfombra do CPAG sitúase sobre a nova alameda de Gondomar, coa gran colaboración dos integrantes do Club; pais, nais, patinadores, así como da súa directiva e demais colaboradores, entre eles o Centro Cultural de Borreiros, conseguiuse terminar a alfombra de Corpus Cristi do CPA Gondomar, na que os nenos que tomarán a Comuñón hoxe domingo 23 de xuño, na Igrexa de San Benito, rematarán a súa traxectoria floral xunto ao seu párroco na alfombra do Club de patinaxe situada fronte ao Concello, cun deseño deportivo e relixioso composto por unha patinadora no núcleo da alfombra.

Un gran traballo feito cun importante obxetivo: en primeiro lugar colaborar co Concello quen solicita a axuda para que esta gran tradición non se perda nin quede no esquecemento, sendo esta noite, Paco, o Sr alcalde de Gondomar, o primeiro en colocar funcho na alfombra, inaugurando o inicio de elaboración da mesma.

E segundo, conseguir axuda económica para o propio Club de patinaxe o cal tras acudir fai un par de meses a un campionato de Europa atópase a uns días do campionato do Mundo, que se disputará en Barcelona o 13 de xullo de 2019.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies