spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoO Club de Mar Ría de Aldán consegue a vitoria no Trofeo...

O Club de Mar Ría de Aldán consegue a vitoria no Trofeo Rías Baixas

Os deportistas tiveron que remar nunha ría na que o vento fixo que a competición fose máis dura do previstoClub-Mar-Ría-Aldán-consegue-vitoria-Trofeo-Rías-Baixas

O Club de Mar Ría de Aldán logra o triunfo na 1º edición do Trofeo Rías Baixas, en segunda posición conseguiuna o Club Kaiak Tudense e a terceira praza do podio conseguiríaa o Club Piragüismo Vilaboa.

A embarcación do Club Kaiak Tudense composta por Diego Piña, Roi Rodríguez, Gabriel Campo e Rubén Millán impúxose na modalidade de K4 por diante do Club Piragüismo Vilaboa e o Club Naval de Pontevedra.

Na modalidade de home C4 a vitoria sería para unha embarcación mixta composta por Ton Campos, Cristian Ribadomar, Miguel Castro todos eles do Breogán do Grove e Jose Manuel Sánchez do Club Náutico Betanzos, o segundo caixón do podio foi para o Club As Torres e o terceiro para o Club Kaiak Tudense.

O Club de Mar Ría de Aldán levaría a vitoria nas mulleres K4, Araceli Menduiña, Carmela Menduiña, Jesica Moledo e Noelia Moledo impuxéronse ao Club Kaiak Tudense que foi segundo, terceira sería a outra embarcación do Club de Mar Ría de Aldán.

A entrega de premios realizouse diante do edificio de deportes náuticos do Grove á que asistiron a deputada provincial de deportes xunto cos concelleiros de deportes dos concellos de Cambados e O Grove, todos eles acompañados polo presidente da Federación Galega.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.