spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Yates de Baiona entregou os Premios Nacionais...

O Monte Real Club de Yates de Baiona entregou os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda 2014-2015

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-entregou-Premios-Nacionais-Vela-Terras-Gauda-2014-2015
Foto: Pedro campos recibindo o trofeo de mans do Presidente do MRCYB Gabriel Baltar

O Monte Real Club de Yates acolleu este sábado a noite en Baiona a cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, uns dos galardóns máis prestixiosos do panorama náutico, que recoñecen o traballo de persoas e institucións para potenciar e difundir aspectos relacionados co mundo da vela.

O club baionés acolleu un ano máis a cerimonia de entrega destes prestixiosos galardóns náuticos no marco da celebración do 30º Trofeo Príncipe de Asturias

Nesta vixésimo terceira edición dos premios, patrocinada un ano máis por Bodegas Terras Gauda, e celebrada no marco do Trofeo Príncipe de Asturias, o galardón especial da noite foi para Estaleiros Lagos, como precursor da industria náutica española. A empresa viguesa, que este ano celebra o seu centenario, é un referente indiscutible na carpintaría de ribeira, líder na construción e restauración de embarcacións de madeira.

Os premios recoñecen o traballo que distintas persoas e institucións fan ao longo do ano para potenciar e difundir aspectos relacionados co mundo da vela

O segundo galardón que se entregou na gala dos Premios Nacionais de Vela foi o Premio Mariano Aguado de Comunicación, que recaeu nesta ocasión no arxentino Juan Pablo Cadario. O seu gran traballo á fronte do blog JuanpaNews convertérono nunha das fontes de información de referencia para coñecer a actualidade do mundo da náutica.

Os Estaleiros Lagos de Vigo, o regatista coruñés Chuny Bermúdez ou o navegante catalán Alex Pella foron algúns dos galardoados nesta última edición

O director da área social e institucional de Fundación Repsol, Javier Inclán, foi o encargado de recoller o terceiro premio da noite, o de Patrocinador do Ano, que a entidade levou polo seu traballo para contribuír ao progreso da sociedade con proxectos sociais, culturais, educativos e de investigación. No sector da vela, Fundación Repsol colabora co Monte Real Club de Yates para impulsar a súa Escola de Vela Adaptada, na que persoas con algún tipo de discapacidade poden practicar vela en igualdade de condicións.

Os premiados levaron como trofeo unha reprodución do mastro de sinais Rafael Olmedo do Monte Real Club de Yates, chamado así en homenaxe ao seu histórico presidente
Premios-Nacionais-Vela-Terras-Gauda
Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

Solventis, Movistar e Fifty foron as embarcacións que levaron este ano os premios aos mellores barcos da temporada, nas súas diferentes categorías. O Solventis, de Pablo e Alberto Mouro, recibiu o premio ao mellor equipo amateur da clase ORC (con unha tripulación totalmente galega), tras lograr importantes vitorias durante este ano, a última delas na Regata Ribeiro Rías de Galicia, que gañaron por cuarta vez consecutiva, algo que ningún barco conseguira até a data.

A tripulación portuguesa do Fifty e o Movistar de Sanxenxo recibiron os premios ao mellor barco nas categorías ORC 0-1 e ORC 2-3, respectivamente. Os de Pedro Campos lograron esta tempada subirse ao podio no Trofeo Príncipe de Asturias, O Corte Inglés Máster e o Trofeo Presidente da Xunta, ademais de en o Campionato do Mundo de ORC celebrado en Barcelona e na Copa do Rei de Palma.

Os lusos, con Rui Ramada á fronte, e lucindo grímpola do Monte Real Club de Yates, levaron as vitorias dos da súa clase no Trofeo Príncipe de Asturias, O Corte Inglés Máster e o Trofeo Presidente da Xunta. Obtiveron a prata no Trofeo de Inverno e dous ouros no Trofeo Repsol e o Trofeo Mateus Rosé.

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-entregou-Premios-Nacionais-Vela-Terras-Gauda-2014-2015
Foto: Alex Pella recibindo o trofeo de mans do Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa

 

Unha vez finalizada a entrega de premios ás mellores embarcacións da tempada, chegou a quenda dos galardóns aos mellores regatistas. O catalán Alex Pella recolleu o que é xa o seu terceiro Premio Nacional de Vela Terras Gauda. Recibiu a distinción ao mellor navegante en solitario, tras converterse en 2014 no primeiro español en gañar unha regata oceánica en solitario, a Route du Rhum, na que ademais bateu o record da Class 40, na que competía con outros 43 barcos.

O último premio da noite foi o que recibiu Roberto Chuny Bermúdez de Castro como navegante oceánico do ano.

Foto: Nuestro editos xunto a Chuny Bermúdez despois da entrega de trofeos
Foto: Nuestro editor e Chuny Bermúdez despois da entrega de trofeos

O coruñés, de 45 anos, converteuse neste 2015 no primeiro galego e segundo español en gañar unha Volvo Ocean Race. Fíxoo como coskipper e trimmer do Abu Dhabi Ocean Racing, dos Emiratos Árabes Unidos.

Os premiados recibiron como trofeo unha reprodución do mastro de sinais Rafael Olmedo do Monte Real Club de Yates, chamado así en homenaxe ao seu histórico presidente, falecido o pasado mes de febreiro.

- Publicidade -spot_img