spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoO Club de Mar Ría de Aldán consegue a victoria na xeral...

O Club de Mar Ría de Aldán consegue a victoria na xeral senior feminina do autonómico de pista

o-club-de-mar-ria-de-aldan-consegue-a-victoria-na-xeral-senior-feminina-do-autonomico-de-pista
A clasificación xeral senior feminina tivo que ser corrixida durante o día de hoxe por un erro co programa informático que xestiona os resultados.

As mulleres do Ría de Aldán conseguiron o primeiro posto na clasificación xeral senior feminina ao sumar 442 puntos por diante do Club Kayak Tudense que sumou 267 puntos e o Club As Torres con 229 puntos.

A demais clasificacións quedaron como estaba e o Club Piragüismo Vilaboa fixo valer a súa condición de favorito levándose o triunfo na clasificación xeral senior masculino con 465 puntos por diante do Club Breogán do Grove que sumou 400 puntos, o terceiro posto foi para o Club Kayak Tudense con 395.

Doutra banda o Club Náutico Firrete terminou en primeira posición na xeral masuculina da categoría Xuvenil, secundado no podio polo Breogán do Grove e o Club Piragüismo Rías Baixas respectivamente. O Club As Torres logrou o primeiro posto en mulleres por diante do E.P. Cidade de Pontevedra e Piragüismo Verducido.

Despois desta competición a clasificación da liga Senior Masculina segue encabezada polo Piragüismo Vilaboa con 587 puntos, séguenlle o Club As Torres con 542 puntos e en terceira posición prodúcese un empate a 539 puntos entre o Breogán do Grove e o Club Náutico Pontecesures.

En mulleres o Ría de Aldán mantense primeiro con 587 puntos seguido con 577 puntos polo Breogán do Grove e polo Club As Torres con 562 puntos.

Tampouco hai cambios na categoría xuvenil. O Breogán segue primeiro en homes acompáñanlle o E.P. Cidade de Pontevedra en segundo lugar e o Club AS Torres no terceiro.

As mulleres do Club As Torres son primeiras da súa liga por diante do E.P. Cidade de Pontevedra que é segundo, no terceiro posto volve producir un empate entre o Breogán e o Club Piragüismo Illa de Arousa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.