Inicio Pontevedra Arousa A historia de Cortegada rexurde en agosto mediante unha exposición no Concello

A historia de Cortegada rexurde en agosto mediante unha exposición no Concello

Cortegada A historia de Cortegada rexurdirá durante o mes de agosto do Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía a través da exposición “Ecos de Cortegada” que se exporá durante todo o mes da man do Faiado da memoria, do Parque Nacional Das Illas Atlánticas e da Concelleria de Turismo.

Lembranzas dos propios habitantes da illa, fotografías da época e paneis informativos compoñen a mostra que incluirá tamén proxección de audiovisuais.

A exposición pretende dar coñecer como se vivía en Cortegada antes de que as 18 familias que a habitaban foran desaloxadas para regalarlle a illa a Alfonso XIII para dar unha “visón real da historia”, segundo contan os seus organizadores. Unha visión , canto menos, en primeira persoa, posto que recolle imaxes, documentacións e lembranzas transmitidas de avós a fillos netos e bisnetos das 18 familias que habitaban Cortegada.

A mostra presentouse no Salón Nobre do Concello, espazo elixido a posta por tratarse do lugar no que a principios do século XX se lles notificou aos habitantes de Cortegada que ían a des desaloxados e reubicados en Carril. Non obstante, e por motivos de espazo, a mostra exporase no actual Salón de Plenos, máis amplo e situado no baixo do Concello.
Tanto os textos como os audios das proxeccións son en galego, aínda que pode traducirse a castelán a través dunha aplicación para smartphones accesible mediante un código.

Os paneis que compoñen a mostra instalaranse sobre andamos co obxecto de simbolizar que os intereses urbanísticos que existiron sobre Cortegada, afortunadamente, non chegaron a prosperar frito das circunstancias e, en especial, da contestación social.

comillasA illa posúe o bosque de loureiro máis grande da península e de parte de Europa,

 

Despois de avatares diversos e batallas xudiciais, Cortegada volveu a ser pública en 2007 cando a Xunta de Galicia, conseguiu adquirila por 1,8 millóns de euros. A illa, que posúe o bosque de loureiro máis grande da península e de parte de Europa, é hoxe un espazo natural protexido e está incluída no Parque Nacional marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies