spot_img
InicioVal MiñorNigránO Club Baloncesto Nigrán celebrou a súa festa de inicio de tempada

O Club Baloncesto Nigrán celebrou a súa festa de inicio de tempada

O CB NIGRÁN celebrou no Pavillón de Panxón a festa de presentación para esta nova tempada 2016/2017.

Ao acto ao que asistiu o alcalde de Nigrán Juan González así como o concelleiro de deportes Luís Sanromán xunto a representantes de diferentes entidades sociais, culturais, educativas e deportivas de Nigrán e Gondomar, comezou coa presentación dos seis equipos que competirán de forma federada esta tempada, cadete feminino, infantil masculino, infantil feminino, alevín mixto, benjamín mixtp e baby. A continuación saíu a escena o seu equipo de iniciación, formado por nenos e nenas que aínda non deron o paso a federase e por último unha representación das escolas deportivas que o club ten nos colexios de Nigrán, Humberto Juanes, Cruz Camos ,Carlos Casares e Panxón así como das escolas deportivas de Gondomar. Despois do desfile realizáronse as fotos de equipos e grupo por parte da prensa que estaba presente.

A continuación , o club de Patinaxe EIXO de Gondomar saíu a pista para facer gozar aos asistentes con tres das súas actuacións.

Para finalizar a presentación habilitáronse tres pistas de xogo para que todos gozarán do deporte que lles une , o baloncesto, antes de compartir unha merenda-cea con todos os asistentes que serviu como pistoletazo de saída para unha nova e ilusionante tempada.

- Publicidade -spot_img