Inicio Val Miñor Baiona Baiona celebra o Día da Hispanidade como un recoñecemento á multiculturalidade

Baiona celebra o Día da Hispanidade como un recoñecemento á multiculturalidade

baiona-celebra-o-dia-da-hispanidade-como-un-reconecemento-a-multiculturalidad
Alcalde de Baiona, Ángel Rodal. Presidenta Deputación, Carmela Silva. Cónsul Xeral de Arxentina, Silvina Montenegro e Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña

Un ano mais a Deputación de Pontevedra celebra o Día da Hispanidade en Baiona. Nesta ocasión e por causas meteorolóxicas, todos os actos  celebráronse integramente no Parador Conde de Gondomar.

O acto que estivo presidido pola presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Baiona, estiveron presentes distintos representantes do Corpo Consular, en cuxo nome falou a Consul Xeral de Arxentina, os alcaldes de Gondomar, Nigrán e Crecente, o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e diferentes autoridades civís e mandos militares,

Na súa intervención o alcalde de Baiona Ángel Rodal, destacou a importancia de Baiona non só na historia, tamén e sobre todo como símbolo de unión dos pobos dun e outro lado do Atlántico.

Pola súa banda a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou no seu discurso “a celebración desta data na que o que recoñecemos é que hoxe, máis que nunca, é moi importante  romper coas fronteiras para que os homes e as mulleres dos dous lados do océano poidan reencontrarse, respectando as diferenzas e as culturas, de modo que poidan camiñar xuntos”

baiona-celebra-o-dia-da-hispanidade-como-un-reconecemento-a-multiculturalidad

Silva avogou sen complexos” polo recoñecemento do 12 de outubro “para aqueles que cremos que a irmandade entre os pobos merece un día tan importante, fronte aos que o cuestionan con demagoxia, con populismo e con críticas pouco racionais que só pretenden espertar o despropósito e o enfrontamento”

A Presidenta da Deputación recoñeceu que a historia nos deixou episodios escuros. “Houbo momentos dos que non podemos sentirnos  orgullosos e que debemos cuestionar abertamente, pero tamén é certo que a historia sempre nos permite que o que non se fixo ben podamos convertelo en algo positivo, unir as diferenzas para poder construír un mundo no que nos podamos entender” . Silva insistiu en que o Día da Hispanidade recoñece que “América e Europa achegaron moitísimo a un mundo máis xusto, igualitario e libre. Trouxeron grandes cousas á humanidade, e iso é o que hoxe celebramos. Estamos obrigados a entendernos e relacionarnos, e non soamente a través de intercambios comerciais e económicos senón socialmente, desde a multiculturalidade. Iso permite que nos enriquezamos. Facémonos mellores, máis cultos. E iso é o que hoxe celebramos. E aqueles que non o entendan e queden nas mensaxes fáciles, pérdense ter unha mente global e entender que o mundo hoxe é un espazo onde convivimos e que a mellor forma de redimir o que se fixo mal, é facelo ben hoxe”

comillasEn Arxentina o 12 de outubro é o día do respecto á diversidade cultural e en Costa Rica o día do encontro entre culturas,

Na súa alocución, a presidenta provincial lembrou que en Arxentina o 12 de outubro é o día do respecto á diversidade cultural e en Costa Rica o día do encontro entre culturas, “e iso é o que tamén celebramos hoxe aquí”. Carmela Silva finalizou asegurando que “hai que dicilo alto e claro, sen  complexos, e lonxe dos que queren construír o presente situándose só no pasado. Fronte a eles, nós estamos  moi orgullosos de reivindicar este día, entendido como un recoñecemento a ese océano que foi capaz de que nos coñecésemos e nos recoñecésemos, coa emoción de formar parte dun mundo unido tamén por un idioma, para poder traballar desde a cohesión, o respecto e o entendemento”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies