A Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia recoñecerá a traxectoria de José María Fonseca Moretón, presidente do Grupo Terras Gauda, quen recibirá a distinción nun acto que se celebrará o venres 18 de novembro na sede do Círculo, coincidindo co XXX Aniversario do Círculo.
José María Fonseca Moretón (Ourense, 1950), é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago, na súa primeira promoción. Técnico superior do antigo Instituto Nacional de Emprego en excedencia, foi presidente de SOGARPO e asesor e conselleiro de diversas sociedades; ademais de presidente da Fundación Galicia Empresa (1996-1998), vogal do Consorcio Zona Franca Vigo ata 2018 e membro dos padroados da Fundación Carlos Casares e da Fundación Cultura do Viño, de éa que presidente entre 2008 e 2011.
Na actualidade é presidente fundador do Consello de Administración do grupo vitivinícola Terras Gauda, que engloba Adegas Terras Gauda S.A, no Rosal, Viñedos e Adegas Pitaccum S.L. no Bierzo; Adega e Viñedos Quinta de Sardonia S.L en Valladolid; Compañía de Viños Heraclio Alfaro na Rioxa e Conservas A Rosaleira, S.L.
Así mesmo, Fonseca Moretón forma parte do Consello Asesor de Anfaco-Cecopesca, preside a Asociación Empresarial do Viño de Galicia (ASEVIGAL), é membro da Academia Galega de Gastronomía e vicepresidente primeiro da Cámara de Comercio de Tui desde 2010.



