spot_img
InicioBaixo MiñoO CIM da Guarda organizará o vindeiro mes de xuño unha das...

O CIM da Guarda organizará o vindeiro mes de xuño unha das accións do programa “Mulleres en acción: violencia zero”

o-cim-da-guarda-organizara-o-vindeiro-mes-de-xuno-unha-das-accions-do-programa-mulleres-en-accion-violencia-zero

Representantes do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, así como do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda, xunto ao alcalde, Antonio Lomba e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa Vicente, mantiveron unha reunión no Concello da Guarda.

O motivo desta reunión foi concretar a acción que organizará o CIM da Guarda, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, como parte do programa “Mulleres en Acción: violencia zero”. Trátase dun proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar sobre a violencia machista e, sobre todo, tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra. En total o programa inclúe 25 accións de arte contemporáneo (pintura, música, danza, teatro, poesía e performance) que se están a levar a cabo, ata novembro, en 25 concellos da provincia.

A actividade que acollerá o Concello da Guarda no vindeiro mes de xuño, dentro desta iniciativa estará ao cargo da pintora sevillana Ana Arregui quen, ante o público, realizará en tempo real retratos a gran tamaño dos presentes. Con esta actividade (O sexo forte) e a través da súa pintura, a multidisciplinar artista fará reflexionar aos presentes ao tempo que a súa obra  supón unha reivindicación da igualdade. Busca levar a unha reflexión en canto ás causas da violencia e da discriminación, nun acto performativo onde se dilúen os sexos para disolver os roles que se lle adoitan asociar a cada un deles.

- Publicidade -spot_img