spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeputación de Pontevedra e Alto Miño irán a Bruxelas se non é...

Deputación de Pontevedra e Alto Miño irán a Bruxelas se non é desbloqueada a candidatura de 7,5 millóns de euros

Esta posición conxunta foi anunciada onte en Valença, nunha conferencia de prensa na cal participaron o deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, xunto cos alcaldes dos 16 concellos transfronteirizos do Sur da provincia, o presidente da CIM Alto Minho e os presidentes das cámaras do Norte de Portugal, que demostraron ao unísono, ‘a enorme insatisfación en torno ao tratamento que Madrid e Lisboa están a dar ao territorio transfronteirizo bañado polo río Miño.

O motivo é a non admisibilidade da candidatura ‘VISIT Río Miño’ – presentada, en xaneiro de 2016, ao POCTEP -, por ser presentada a través dunha Tarxeta de Cidadán (DNI en España) dun técnico debidamente acreditado pola CIM Alto Miño, e non polo propio presidente da entidade intermunicipal.

“Se hai proxecto que alberga a esencia de cooperación transfronteiriza, é este: un investimento total de 7,5 millóns de euros en prol da preservación e valorização do río Miño transfronteirizo como destino ecoturístico de excelencia. O que non entendemos é que cuestións administrativas poidan decidir a vida das poboacións da fronteira sen ningún recoñecemento do traballo desenvolvido”, afirmou o presidente da CIM Alto Miño. José Maria Costa explicou que “por unha cuestión formal de Tarxeta de Cidadán, burocratas de Lisboa e Madrid pon en dúbida o traballo de 10 municipios portugueses, 16 galegos, dunha Comunidade Intermunicipal e dunha Deputación”.

Pola súa banda, Uxío Benitez,  explicou que esta candidatura “foi un esforzo de todos e unha mostra de que sabemos cooperar e plantexar proxectos, cada un dos municipios, fora de cuestións localistas, entorno a unha idea común, como é a idea do Río Miño”.

Para o deputado de Cooperación Transfronteriza o que se consegueu foi “presentar unha candidatura forte da fronteira”, na sua intervención continuou dicindo que para él “os Fondos transfronterizos naceron para compensar aquelos territorios que tiveron esas barreras políticas e administrativas e que se derruben”. Finalmente subliñou “que ha única candidatura quede fora é dende logo moi grave e unha demostración de que os fondos transfronterizos se levan cara outro lado e no para o que se pensaron, que compensar aos territorios transfronterizos”.

Desta forma, a CIM Alto Miño e a Deputación Pontevedra deliberaron solicitar aos Gobernos de Portugal e de España que sexa garantida, “coa máxima urxencia, a adecuada e definitiva resolución das cuestións relacionadas coa aprobación da candidatura ‘VISIT Río Miño’ aínda durante o período normal previsto para a decisión da 1ª fase do POCTEP, ou sexa até 8 de marzo“. No caso de que non sexan ouvidos, os alcaldes “resérvanse ao dereito a recorrer a outras accións e iniciativas conxuntas” para continuar a defender os intereses das poboacións deste territorio transfronteirizo, podendo mesmo levar o asunto a Bruxelas.

- Publicidade -spot_img