spot_img
InicioGaliciaO certificado de vacinación imprescindible para poder acceder ao interior dos locais...

O certificado de vacinación imprescindible para poder acceder ao interior dos locais de hostalaria nos municipios de nivel medio e alto

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a decisión do comité clínico de limitar as reunións de non conviventes, cunha especial énfase nas nocturnas, e permitir a apertura da hostalería cun control de acceso nos niveis de incidencia máis alta.

Durante a súa comparecencia para dar conta da reunión do comité de expertos sanitarios, na que se avaliou a situación actual como consecuencia da pandemia, Feijóo referiuse nun primeiro termo aos concellos que se atopan nos niveis de incidencia máis alta. Así, en concreto precisou que pasan a nivel máximo sete concellos: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove.

Por outra banda, quedan en nivel alto, na provincia da Coruña, os municipios de Melide, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo,

Arzúa e Ribeira; en Lugo os de Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo; na provincia de Ourense, ademais de Avión, Barbadás e Carballiño estará a cidade de Ourense; e, na provincia de Pontevedra estarán Vigo, Pontevedra, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño. O resto de Galicia quedará en nivel medio ou medio-baixo.

Acceder ao interior locais nos concellos en niveis máximo e alto

No tocante á decisión de establecer un control de acceso que garanta unha restauración e hostalería seguras, Feijóo subliñou que para acceder ao interior destes locais nos concellos en niveis máximo e alto esixirase: o certificado de vacinación completa; unha proba negativa nas últimas 72 horas; ou acreditar ter pasado a infección, quedando exentos de calquera destas acreditacións os menores de 12 anos.

Todo isto co obxectivo de buscar a máxima seguridade, ao tempo que se evita que os bares e restaurantes teñan que pechar cada vez que un concello chega a un nivel de risco máximo ou alto. Ademais de incrementar a participación nos cribados dos menores de 40 anos, xa que só están acudindo catro de cada dez citados.

Así mesmo, co novo modelo: no nivel máximo o aforo será do 30% en interior e do 50% en exterior, e haberá que acreditar a vacina, unha proba negativa ou ter pasada a enfermidade para acceder. E no nivel alto será do 50% en interior, tendo que presentar a acreditación sanitaria para acceder; e do 50% en exterior.

Non será necesario esta acreditación para entrar nos establecementos dos concellos en nivel medio, onde o aforo será do 50% en interior e do 50% en exterior. E tampouco no nivel medio- baixo, no que o aforo será do 50% no interior e do 100% nas terrazas.

En canto aos locais de ocio nocturno, Feijóo subliñou que, como xa estaba previsto, deberán permanecer pechados nos niveis máximo e alto, podendo ocuparse o 50% do aforo no interior nos niveis medio e medio-baixo e quedando o 75% en terraza no medio e ao 100% no medio-baixo, sempre acreditando proba negativa nas últimas 72 horas ou estar vacinado.

Sobre este punto, recordou que ademais seguirá sendo obrigatorio a instalación dun medidor de CO2; contar cun rexistro de clientes; o uso de máscaras e a distancia de seguridade; e o peche manterase na unha da mañá para a hostalería e nas tres para os locais do ocio nocturno.

En relación ás reunións, o presidente do Goberno galego destacou a solicitude ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da autorización para esixir o control nas xuntanzas, de xeito que se permitirán as reunións de non conviventes de máximo 6 persoas en interiores e 10 en exteriores, ou ben dous grupos de convivencia.

“Queremos evitar as reunións multitudinarias sen garantías que están tras un gran número de contaxios”, afirmou, precisando que as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre a unha e as seis da mañá no nivel máximo e alto e entre as tres e as seis para os niveis medio e medio-baixo.

Ao longo da rolda de prensa, o titular da Xunta recordou que as medidas que limitan dereitos fundamentais deben ser trasladadas para a súa ratificación ao TSXG, “polo que haberá que esperar a coñecer o seu posicionamento para que entren en vigor”, matizou, se ben subliñou que si entrarán en vigor o próximo sábado o resto das medidas relativas a aforos nos establecementos.

Como se pode obter o certificado de vacinación en Galicia?

Para acceder ao certificado de vacinación en Galicia pódese optar por tres vías diferentes. Estas son:

Con todo convén ter en conta que estas tres vías teñen algo en común. Todas requiren da denominada Chave365 que é un mecanismo dixital de identificación seguro. Se non tes a Chave365 podes obtela en calquera edificio administrativo da Xunta de Galicia ou no teu centro de saúde. Este mecanismo permite a toda a poboación adulta identificarse ou asinar documentación electronicamente en Galicia.

Para solicitar o certificado de vacinación na páxina web É – Saúde debemos introducir no noso navegador a dirección: esaude. sergas.es, pulsar no botón de acceder – historia clínica – a miña historia clínica SERGAS – O meu certificado Covid. Desde a App Sergas móbil tras identificarnos só temos que acceder ao certificado Covid directamente. Por último na APP Covid Pass teremos que acceder ao noso perfil e logo ao certificado de vacinación.

O certificado de vacinación imprescindible para poder acceder ao interior dos locais de hostalaria nos municipios de nivel medio e alto

- Publicidade -spot_img