Inicio Galicia O certame Senda dos Faros promove o valor lingüístico, patrimonial e paisaxístico...

O certame Senda dos Faros promove o valor lingüístico, patrimonial e paisaxístico da costa galega

O certame Senda dos Faros promove o valor lingüístico, patrimonial e paisaxístico da costa galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na rolda de prensa de presentación do Concurso de Curtas Senda dos Faros.

Está destinado ao alumnado de ensinanzas secundaria e especiais de grao medio de titularidade da Consellería de Educación, Universidade/FP e o prazo de presentación de traballos ábrese desde hoxe ao vindeiro 30 de xaneiro

O novo certame escolar Senda dos Faros promoverá o valor lingüístico, patrimonial e paisaxístico da costa galega ao longo do máis de medio cento de etapas que o configuran, desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova de Cerveira (Portugal), para alén das etapas insulares de Ons, Cíes e Sálvora. Así o explicou hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa na que se deu a coñecer a iniciativa impulsada desde a Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración das Consellerías de Educación e Medio Rural e do Festival de Cans, co patrocinio de Energias de Portugal Renováveis (EDPR).

“O Festival de Cans acollerá as proxeccións das curtas finalistas, polo que presentamos un proxecto colaborativo e multidisciplinar no que participamos entidades pertencentes aos tres sectores: administración, empresa privada e sociedade civil/ONG, o que vén consolidar o espíritu integrador que constitúe a esencia da propia Senda dos Faros, unha ruta turística de alto valor tamén para a lingua propia de Galicia”, abundou.

O certame enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, IET e Fundación Galicia Sustentable e conta co patrocinio da EDPR, que ten a misión de reforzar o compromiso do seu grupo nos ámbitos nos que desenvolve a súa actividade, con especial atención ás áreas educativa, cultural, social e ambiental, dentro dunha perspectiva de desenvolvemento sustentable global.

Participaron canda Valentín García na presentación Javier Blanco Carballal, subdirector de Agader; Alfredo Fernández Ríos, director da área de estudos do IET; Alfonso Pato, director do Festival de Cans, e Xaime Garaboa, representante da Fundación Galicia Sustentable.

Fomentar o litoral e a lingua

O certame Senda dos Faros ten como obxectivos fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros; dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa; promover unha imaxe positiva e actual do galego por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación; favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes, e fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan o seu emprego dentro e fóra das aulas.

o-concello-de-baiona-busca-poner-en-valor-o-cabo-silleiro-como-elemento-dinamizador-do-turismo
Faro de cabo Silleiro

 

Está destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio, que poderán concorrer con vídeos en lingua galega dunha duración máxima de cinco minutos.

Establécense tres premios para as tres mellores curtas (que inclúen a asistencia ás proxeccións na vindeira edición do Festival de Cans), así como galardóns á mellor actriz, ao mellor actor e especial do público, para alén da certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado, que recibirá o docente responsable das fitas galardoadas co 1º, 2º e 3º premio.

O prazo para solicitar a participación nesta iniciativa ábrese desde hoxe ao vindeiro 30 de xaneiro de 2020. Máis información e bases dispoñibles no Portal da Lingua Galega e no Portal Educativo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies