spot_img
InicioGaliciaO Centro Príncipe Felipe acollerá o único campus de fútbol que F.C....

O Centro Príncipe Felipe acollerá o único campus de fútbol que F.C. Barcelona organiza en Galicia

Centro-Príncipe-Felipe-acollerá-único-campus-fútbol-F.C. Barcelona-organiza-GaliciaO campus celebrarase do 27 de xullo ao 1 de agosto e contará coa participación de futbolistas do club azulgrana e outros deportistas de primeiro nivel.

A cidade Infantil Príncipe Felipe acollerá o único campus de fútbol oficial que o FC Barcelona celebre en Galicia este verán. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, o campus desenvolverase do 27 de a xullo ao 1 de agosto e contará coa presenza de adestradores e xogadores do club azulgrana e outros deportistas de elite.

Na presentación celebrada esta maña no centro Príncipe Felipe os organizadores do campus puxeron de manifesto que o FC Barcelona decantouse pola cidade pontevedresa porque “debe estar ligada a eventos deste calado, de primeiro nivel e que poñan o nome de Pontevedra ao lado do de ciudades como México, Singapur ou Dubai donde se realizan este tipo de campus”.

Pola súa parte a deputada Begoña Estévez salientou que “é un luxo para a cidade contar cunhas instalación como as de Príncipe Felipe e abrilas a este tipo de actividades de verán é esencial ara que so nenos convivan e se divirtan facendo deporte”.

Este campus, inspirado nos valores do FC Barcelona (respecto, esforzo, ambición, traballo en equipo e humildade) ofreceralle a todos os nenos e nenas participantes a oportunidade de coñecer a metodoloxía da FCB Escola. Serán os propios adestradores desta escola os que determinen as pautas de formación básicas co fin de mellorar as habilidades futbolísticas das futuras promesas deste deporte.

Dúas modalidades de inscripción
O campus desenvolverase de luns a venres en quendas de mañá e tarde e os sábados pola mañá. Ademais dos adestramentos futbolísticos tamén inclúe a celebración de actividades lúdicas e didácticas que completen a formación dos participantes.

Asimesmo, o campus ofrece dúas modalidades de inscripción, de media pensión con xantar e merenda ou pensión completa coa estancia incluída. Haberá descontos especias para familias e todos os participantes recibirán a equipación completa do FC Barcelona e diverso material oficial do conxunto catalán.

As inscripcións poden facerse telefónicamente (670-397-179) ou a través do correo electrónico: talensports_altas@yahoo.es.

Toda a información relativa ao campus pode consultarse na web WWW.FCBCAMP.CAT/PONTEVEDRA

Centro-Príncipe-Felipe-acollerá-único-campus-fútbol-F.C. Barcelona-organiza-Galicia

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.