spot_img
InicioGaliciaO Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon en valor o seu...

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon en valor o seu material xenético para avanzar na prevención de doenzas e para anticiparse ao cambio climático

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon en valor o seu material xenético para avanzar na prevención de doenzas e para anticiparse ao cambio climáticoO Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, dependente da Consellería do Medio Rural, traballa na revitalización de varios dos seus bancos xenéticos forestais, co fin de avanzar na prevención e loita fronte a pragas e enfermidades e anticiparse ás novas condicións provocadas polo cambio climático.

Así, considérase que Galicia e o seu sector forestal deben estar preparados e ter capacidade de obter materiais mellorados doutras coníferas de intereses forestal, como a sequoia vermella, o piñeiro de Oregón ou a sequoia xigante, como posibles especies alternativas que poidan axudar a superar problemas sanitarios e xestionar o cambio climático nos montes galegos.

Neste contexto, os investigadores do CIF -centro adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)- están a realizar labores silvícolas para poñer en valor estes bancos de clons, co fin de efectuar a súa propagación vexetativa mediante estaquillado. O obxectivo é obter copias do material destes bancos para completalos e crear novas réplicas noutros terreos públicos, conseguindo deste xeito o seu rexuvenecemento e conservación.

Cómpre ten en conta que estes recursos do CIF de Lourizán son únicos en España e representan un valor engadido en materia de mellora xenética. Entre elas, salientan os recursos xenéticos forestais de reserva de sequoia vermella, piñeiro de Oregón ou sequoia xigante. Trátase de coleccións que se instalaron entre os anos 1989 e 2002, debido ao interese por probar diferentes materiais xenéticos.

- Publicidade -spot_img