spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda recibe ás subcampioas da Liga Guerreras Iberdrola

A Guarda recibe ás subcampioas da Liga Guerreras Iberdrola

A Guarda recibe ás subcampionas da Liga Guerreras Iberdrola O Salón de plenos do Concello da Guarda foi o lugar elixido para dar os parabéns polo subcampionato acadado e desexar sorte ás xogadoras, equipo técnico e directiva na Copa da Raíña

Hoxe o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, recibiron oficialmente no Salón de plenos do concello da Guarda ás xogadoras, equipo técnico e directiva do Atlético Guardés.

Para Antonio Lomba acadar o subcampionato de liga “é un logro histórico para o noso equipo” e é preciso que o Concello da Guarda así o transmita ao club e ao resto de veciños e veciñas da vila, neste momento intenso de competición por estar ás portas da fase final copa da Raíña.

Para o Alcalde ter na Guarda un grupo de deportistas de élite que serven de referente para a xente xove é un dos desexos de toda persoa preocupada pola xuventude e o deporte.

Montserrat Magallanes destacou que dende xa moitos meses desexábase facer esta recepción, pero a pandemia non deixou cabida para facelo, e neste intre o Guardés soubo trasladar “un sentimento”, que foi tamén o lema elixido polo club nesta tempada, cunha alegría que se traslada tamén á afección guardesa.

O acto rematou cunha entrega de agasallos ao club, xogadoras, equipo técnico e directiva, así coma un agasallo do club ao alcalde e á concelleira de deportes.

- Publicidade -spot_img