
A oferta deste ano aposta por promocionar actividades con perspectiva de xénero que melloren a saúde integral das mulleres
A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior presentou o seu programa de animación sociocultural ‘Entre Nós’. Un proxecto que alcanza a súa quinta edición e que está concibido para fomentar e potenciar os movementos de participación e cooperación social,e especialmente, concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual. A edil de Igualdade, Cristina González, reuniuse coas representantes das asociacións culturais e veciñais con vocalía da muller no municipio para fixar as actividades para realizar este ano.
A principal novidade da edición deste ano reside na potenciación das actividades con perspectiva de xénero e que resulten beneficiosas para a saúde integral das mulleres e a súa autoconocimiento.A temática dos talleres será seleccionada por cada asociación en función dos seus intereses, así como as datas e os horarios de realización. As actividades seleccionadas teñen un custo simbólico de 8 euros e terán unha duración de 8horas a desenvolver entre os meses de mayoy xuño.
Estas actividades pretenden poñer en valor a función da muller na sociedade e profundar na desigualdade de xénero producida polo desequilibrio de tempo dedicado ás responsabilidades familiares, maioritariamente desempeñadas por mulleres, e a súa repercusión no seu tempo de lecer e as súas relacións sociais.
Con esta iniciativa o Concello de Soutomaior pretende facilitar o acceso a diferentes actividades que permitan eldesarrollo individual e grupal das asociacións culturais e veciñais do municipio ademais de promover novos campos de interese e traballo creativo, ademais deimpulsar, fomentar e mellorar a situación persoal das participantes.



