spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Casa da Navegación de Baiona recibe a doación de tres moedas...

A Casa da Navegación de Baiona recibe a doación de tres moedas inglesas preocedentes dun naufragio en Cabo Silleiro

a-casa-da-navegacion-de-baiona-recibe-a-doacion-de-tres-moedas-inglesas-preocedentes-dun-naufragio-en-cabo-silleiroAs pezas, dous floríns e unha libra de prata do s. XIX achadas no 2012, pasan a formar parte da colección do Museo.

O Museo de Baiona incorporou este venres a súa colección varias moedas inglesas de prata recuperadas no ano 2012 das augas de Cabo Silleiro. As pezas, dous floríns e unha libra de mediados do século XIX, foron doadas polo submarinista Pedro Novalbos, quen xa cedera no seu día varios canóns achados na mesma zona.

As tres moedas, procedentes dun naufraxio nas augas de Baiona, xa están expostas na Casa da Navegación despois de que a Xunta de Galicia declarada o pasado mes de xaneiro o museo como Catálogo con Colección Visitable, feito que lle permite converterse en receptor de pezas arqueolóxicas para a súa exposición e almacenamento.

O acto de doazón das pezas celebrouse nas instalacións municipais en presenza do alcalde, Ángel Rodal; a concelleira de Cultura, María Iglesias; a directora do Museo, Rosa Villar, e o submarinista Pedro Novalbos. “Gustaríame agradecer esta doazón, que ven a enriquecer o noso patrimonio e poñer en valor a importancia da nosa Vila e a súa estreita relación co mar. Non é unha misión sinxela poñer en marcha un museo e Baiona demostra o seu compromiso coa Cultura”, apuntou Rodal.

Novalbos recordou a labor do exalcalde Jesús Vázquez Almuiña, actual conselleiro de Sanidade, para poñer en marcha o museo e destacou que as culebrinas (canóns ou falconetes achados tamén en Silleiro) seguen a ser algunhas das pezas máis importantes que alberga a Casa da Navegación.

Pola súa banda, Rosa Villar destacou dende a perspectiva do museo a “xenerosa” contribución de Pedro Novalbos. “É un exemplo a seguir porque o patrimonio é de todos e debe estar dispoñible para que o poida desfrutar todo o mundo”, indicou. A directora tamén destacou que “moitas persoas teñen moitas pezas nas súas casas e non as depositan, por iso é tan importante destacar esta doazón”.

Ata o momento descoñecese a que naufraxio corresponden as moedas, pero Rosa Villar non descarta que poida chegar a saberse. “Estou segura de que co tempo poderá ser identificado o pecio ao que corresponden, o que sería moi interesante para poñer en contexto o achado”, engadiu.

As moedas son todas da mesma época, metades do século XIX, e foron sometidas a un proceso de restauración sufragado por parte da Concellería de Cultura de Baiona.

Precisamente Pedro Novalbos, xunto ao historiador e arqueólogo Ramón Patiño, ofreceu este venres no Auditorio do Museo unha charla sobre o achado dos canóns en Cabo Silleiro. A conferencia, titulada “As culebrinas, periplo dun rescate”, forma parte da segunda edición do ciclo “A mar de historias” que organiza a Casa da Navegación.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.