Inicio Pontevedra O Centro de Acollida de Animais Abandonados da Deputación promoveu máis de...

O Centro de Acollida de Animais Abandonados da Deputación promoveu máis de 700 adopcións de mascotas

Centro-Acollida-Animais-Abandonados-Deputación-promoveu-máis-700-adopcións-mascotasFomentar o dereito á vida dos animais e promover as adopcións e a erradicación do seu abandono son os piares que sustentan o servizo do Centro de Acollida de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Este centro, desde a súa posta en marcha en abril de 2013, realizou máis de 4.500 intervencións e promoveu máis de 700 adopcións de mascotas.

Desde a posta en marcha do centro de acollida da Armenteira, en Meis, en abril de 2013, o CAAN realizou máis de 4.500 intervencións nos 50 concellos adheridos ó servizo

Cun grande equipamento técnico e de persoal para tratar de paliar as consecuencias do abandono, prestándolles a estes animais as atencións necesarias (atención veterinaria, alimentación, vacinación, desparasitación…), o CAAN atende especialmente os pequenos  concellos que non contan cos recursos necesarios para prestar adecuadamente as súas competencias municipais en materia medioambiental.

Na actualidade son 50 os concellos adheridos a este servizo provincial de recollida de animais domésticos abandonados, que se rexe segundo o establecido no convenio de colaboración aprobado en xullo de 2012 cos concellos de menos de 50.000 habitantes.

Por concellos, no de Meis fixéronse 285 intervencións, seguido de Vilanova de Arousa con 262, A Estrada con 231, Redondela con 229 e Gondomar con 225.

Segundo o presidente do Colexio de Veterinarios de Pontevedra,  Luis Núñez, o “CAAN é un centro de referencia nacional no tocante á xestión dos animais abandonados”. Así o puxo de manifesto na presentación do IV Congreso de Veterinaria do Noroeste, que se vai desenvolver esta fin de semana en Pontevedra.

IV Congreso de Veterinaria do Noroeste

Os días 5, 6 e 7 de xuño o Pazo da Cultura de Pontevedra foi o escenario do IV Congreso de Veterinaria do Noroeste, no que 400 profesionais abordaron cuestións relativas á pediatría veterinaria (microscopia, cirurxía sen sangrado, ecografía, anestesia, ecocardiografía, patoloxías neonatais, patoloxías oculares no cachorro,  enfermidades infecciosas ou vacinas).

Organizado en máis de 20 conferencias e obradoiros, o congreso reuniu relatores de primeira fila e referentes de recoñecido prestixio internacional coma Giordana Zanna, Oriol Domenech, Vanessa Carballés ou Josep Arús.

O congreso, que contou tamén coa colaboración do Concello de Pontevedra, enmárcase dentro das actuacións levadas a cabo pola Deputación para a promoción e protección do medio ambiente e o fomento do sector primario na provincia.

Segunda campaña contra o abandono dos animais

Este congreso servirá de escaparate da segunda campaña contra o abandono dos animais que desenvolve a Deputación co lema “E ti, de quen vés sendo?“, unha iniciativa coa que se quere informar da obrigación de identificar os cans e resolver as dúbidas máis frecuentes respecto a que é un microchip, que vantaxes ofrece ou quen o pode implantar

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies