spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Centro Cultural da Guarda acolle o 15 de febreiro a XII...

O Centro Cultural da Guarda acolle o 15 de febreiro a XII Gala do Deporte

a judoca do Club Deportivo Baixo Miño, Tecla Cadilla, amadriñará

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 15 de xaneiro da gran festa do deporte guardés coa celebración da XII Gala do Deporte.

Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

A gala, que comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, estará presentada polo xornalista Terio Carrera e a judoca do Club Deportivo Baixo Miño, Tecla Cadilla, amadriñará o evento deportivo, ao que están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais da Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.

a judoca do Club Deportivo Baixo Miño, Tecla Cadilla, amadriñará
Tecla Cadilla, judoca do Club Deportivo Baixo Miño
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.